O Secretario Xeral de Educación entregou os premios do III Campionato de Baristas de Escolas de Hostalaría no IES de Foz, en Lugo
Con motivo do Xacobeo nesta edición presentáronse nove centros galegos, e por primeira vez un de Asturias e outro de Cantabria
O Secretario Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, José Luis Vázquez, entregou hoxe os premios correspondentes ao III Campionato de Baristas de Escolas de Hostalaría de Galicia, Asturias e Cantabria que se celebrou no IES de Foz, en Lugo. No concurso participaron representantes de once centros das tres comunidades autónomas. Nesta ocasión, e coincidindo co ano Xacobeo foron convidados estudantes asturianos e cántabros xa que as tres rexións están unidas polo Camiño Norte de Santiago.
Os gañadores desta edición foron en primeiro lugar José Manuel Portela Fernñandez, do IES Sanxillao; a segunda clasificada foi Nuria Moirón Fernández, do IES de Foz; e na categoría de bronce situouse Damián Novoa Seijas procedente do CIFP Compostela.
Compre sinalar que estes futuros profesionais na preparación de bebidas a base de expreso foron xulgados cos mesmos parámetros que mañá se aplicaran sobre os aspirantes a gañar a Final do II Campionato de Baristas da Rexión Noroeste SCAE (Asociación Europea de Cafés Rexionais). Todos eles tiveron que preparar, en quince minutos, catro bebidas para acadar unha das categorías premiadas, que foron expresso, capuccino arte e unha bebida de creación propia sen alcohol. Ademais tiveron quince minutos para preparar o muiño, comprobar a máquina e todo o preciso para a elaboración do mellor café.
A finalidade do campionato
Este é o terceiro ano consecutivo que se celebra este campionato ao que están convidados todos os IES da Comunidade onde se imparten ciclo formativos da familia profesional de Hostalaría e Turismo; con Grao Medio de Cociña ou servizos así como o grao superior de Restauración. A provincia da Coruña tivo representantes do IES Paseo das Pontes; IES Fragas do Eume; CIFP Compostela a ESENGRA (Escola de Especialidade da Armada) de Ferrol. Por Lugo estiveron os IES de Foz e Sanxillao; por Ourense o IES de Villamarín, e por Pontevedra o CIFP Carlos Oroza e o IES Manuel Antonio. Asturias estivo representado a través do IES de Pravia a Cantabria polo CIFP de Santander. Todos eles enviaron a dous dos seus estudantes, sendo só un deles o encargado de demostrar as súas dotes como barista.
Con este concurso o IES de Foz logrou dous obxectivos importantes, por unha banda fomentar as relacións entre os alumnos e profesores dos distintos centros. Por outro lado logrouse a implicación de alumnas e alumnas de outros estudos dentro do centro organizador.
Intervención estelar
Os asistentes no só viviron o concurso senón que tiveron a posibilidade de presenciar a exhibición do barista italiano Luigi Lupi, considerado o mellor do mundo, que deu exemplo a todo os presentes especialmente aos alumnos e alumnas, que recibiron non só unha clase maxistral senón tamén unha lección de motivación para seguir traballando.
No concurso e posterior entrega de premios estiveron xunto ao Xecretario Xeral o alcalde de Foz, Jose María García Rivera; a xefe territorial de Educación, José Jesús Ramos Ledo; vicepresidenta deputación de Lugo, Lara Méndez López; e o director do centro IES de Foz, Nemesio Rodríguez.