O CIFP Politécnico de Santiago e o CIFP As Mercedes de Lugo participan nos dous mellores proxectos de innovación e investigación aplicada á FP de España
Son as dúas iniciativas con maior puntuación entre as 257 que obteñen axudas para o seu desenvolvemento
Un total de 19 centros de FP galegos participan en 31 proxectos seleccionados na convocatoria estatal, a través dos que captan 1,3M€
Estes resultados demostran o gran potencial innovador da FP galega, impulsada por iniciativas da Xunta como a Estratexia FP Galicia 2030 e o Plan Innova FP Galicia
O proxecto Posta en marcha virtual con xemelgo dixital, no que participa o Centro Integrado de FP Politécnico de Santiago en colaboración co CIFP de Avilés (Asturias), vén de ser seleccionado na convocatoria estatal de proxectos de innovación e investigación aplicada como o mellor de España entre os 257 que obteñen axudas para o seu desenvolvemento. A segunda maior puntuación nesta mesma convocatoria é para a iniciativa Windlab: dixitalización 4.0 na xeración eólica, coordinado polo CIFP As Mercedes (Lugo) en colaboración co CIFP Somorrostro (Biscaia). Os proxectos desenvólvense coa cooperación das empresas Mondragón Educación Internacional e Aldabe Sistemas, respectivamente.
Un total de 19 centros de FP galegos participan en 31 proxectos beneficiarios da convocatoria estatal, 17 deles coordinados por centros da nosa Comunidade. En total os centros galegos recibirán 1.258.197€ para a execución das actividades previstas, que se desenvolven en colaboración con centros educativos e empresas doutras comunidades autónomas.
Estes resultados demostran o gran potencial innovador da FP galega, impulsada por iniciativas da Xunta como a Estratexia FP Galicia 2030 e o Plan Innova FP Galicia que, xunto co Plan FPGal360 de orientación profesional integral, son as follas de ruta do modelo de éxito de Galicia nestas ensinanzas.
Transferencia de coñecemento
A través desta convocatoria fináncianse proxectos de innovación e investigación aplicada e transferencia de coñecemento en FP que contan con capacidade para xerar, compartir e mobilizar saberes, produtos e recursos de utilidade social e económica entre os centros de FP e as empresas e entidades participantes. A súa duración é variable en función dos seus obxectivos e características e poden desenvolverse ao longo de dous anos.
Trátase de iniciativa que ensaian novas fórmulas en resposta á evolución experimentada polas familias, sectores e perfís profesionais, formas de xestión e organización empresarial, aos requirimentos de procesos técnicos emerxentes e á mellora da competitividade nacional e internacional das empresas, ás necesidades de cambio metodolóxico para un mellor desenvolvemento competencial e transición ao mercado laboral do alumnado do sistema de Formación Profesional, así como para atender as necesidades de perfís profesionais con formación STEAM.
Os proxectos con participación galega, ordenados pola súa puntuación, son os recollidos na seguinte táboa:
Proxecto |
Centro educativo |
Importe da axuda |
Tipo de participación |
Posta en marcha virtual con xemelgo dixital |
CIFP Politécnico de Santiago |
50.000,00 € |
Colaborador |
Windlab: dixitalización 4.0 na xeración eólica |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
49.990,00 € |
Coordinador |
Aeroprint4.0- eficiencia eólica: impresión 3D, túnel de vento e deseño de palas |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
49.995,00 € |
Coordinador |
Seguridade industrial 5.0 aplicada a procesos de produción humano máquina |
CIFP Politécnico de Lugo(Lugo) |
49.999,98 € |
Colaborador |
Dixitalización da xestión enerxética mediante smart panel |
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) |
29.650,52 € |
Colaborador |
Robótica móbil aplicada á loxística i4.0 |
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) |
29.969,80 € |
Coordinador |
Equipo móbil snoezelen high- tech inmersivo para unha estimulación integral de persoas con dependencia |
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto (A Coruña) |
38.700,00 € |
Colaborador |
Optimización do proceso de atornillado con cobot y visión artificial |
IES de Fene (Fene) |
50.000,00 € |
Coordinador |
Virtualclasshvac4.0 |
IES Universidade Laboral (Ourense) |
34.000,00 € |
Coordinador |
Modelos de sostibilidade e dixitalización da produción a través do xemelgo dixital |
IES Politécnico de Vigo (Vigo) |
29.984,50 € |
Coordinador |
Edificios-laboratorio demostrativos de eficiencia enerxética |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
49.950,00 € |
Coordinador |
Estratexia conxunta para mellora de competencias e acceso da muller a sectores TIC e construción |
IES Ribeira do Louro (O Porriño) |
38.430,00 € |
Coordinador |
Metodoloxías STEM aplicadas á mecatrónica para industria 4.0 |
CIFP A Farixa (Ourense) |
29.998,95 € |
Coordinador |
Mobilidade de hidróxeno verde en FP |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
49.670,00 € |
Colaborador |
Transformación integral edu- industria mediante procesos robotizados de soldadura por cold arc |
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) |
50.000,00 € |
Coordinador |
Fabricación robotizada e intelixente de focos led |
CPR Colegio Hogar Afundación (Pontevedra) |
26.763,00 € |
Colaborador |
Aulas inmersivas para a formación en enerxías renovables |
CIFP As Mercedes (Lugo) |
25.000,00 € |
Colaborador |
Facesecure pharma tecnoloxía de recoñecemento facial para a administración personalizada e segura de medicamentos con asistencia |
IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña) |
50.000,00 € |
Coordinador |
Demostrador dun sistema de integración continua despregado baixo tecnoloxías cloud para proxectos de intelixencia artificial |
IES Fernando Wirtz Suárez (A Coruña) |
44.590,00 € |
Coordinador |
Aprendendo e emprendendo en cooperación |
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez (A Estrada) |
30.000,00 € |
Colaborador |
Deseño dunha planta en modelo formativo que vai permitir a elaboración de actividades prácticas utilizando as tecnoloxías |
IES Universidade Laboral (Ourense) |
50.000,00 € |
Coordinador |
Desenvolvemento de procesos de fabricación flexible e intelixente mediante cobots para a industria 4.0 |
CIFP A Farixa (Ourense) |
33.250,00 € |
Coordinador |
Tecnoloxía SLS como reemprazo de outros medios de fabricación |
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) |
50.000,00 € |
Coordinador |
Aplicación da fabricación aditiva na creación de útiles para mellora de actividades cotiás de persoas con necesidades especiais |
IES Perdouro (Burela) |
50.000,00 € |
Colaborador |
Wall-e: reciclaxe de plásticos baseado en robótica colaborativa, visión artificial e deep learning |
CIFP Politécnico de Lugo (Lugo) |
50.000,00 € |
Colaborador |
Integración da visión con intelixencia artificial na robótica móbil |
CIFP Fontecarmoa (Vilagarcía de Arousa) |
50.000,00 € |
Coordinador |
Creación de xemelgos dixitais para a súa integración en animacións, videoxogos e realidade virtual |
CIFP Imaxe e Son (A Coruña) |
40.000,00 € |
Colaborador |
Edspaces deseño de espazos educativos polivalentes adaptados ás novas metodoloxías de aprendizaxe |
CIFP Valentín Paz Andrade (Vigo) |
30.000,00 € |
Colaborador |
Aumentando o rendemento da robótica, valéndose da intelixencia artificial |
CIFP A Farixa (Ourense) |
39.955,49 € |
Coordinador |
Hodei clima |
CIFP Universidade Laboral (Culleredo) |
33.300,00 € |
Colaborador |
Modelización de procesos biotecnolóxicos en contornas virtuais baseados na internet das cousas |
IES A Sardiñeira (A Coruña) |
25.000,00 € |
Colaborador |