O conselleiro de Cultura e Educación destaca o compromiso do seu departamento co CEIP Eusebio da Guarda “que supuxo un investimento de máis de 155.600 na mellora das instalacións”

O conselleiro anunciou a próximo inicio dos traballos para mudar o muro cortina do centro

No colexio coruñés realizáronse obras de reforma da instalación eléctrica, reforma de aseos, pavimento e melloras no salón de actos

Vázquez Abad recordou que esta semana xa se adxudicou e asinou o contrato para a redacción do proxecto de reforma do IES do mesmo nome dándose un paso máis no cumprimento do compromiso adquirido co centro educativo e ca cidade da Coruña

Ven, 23/03/2012 - 10:46
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Ab
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, no CEIP Eusebio da Guarda, na Coruña

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Xesús Vázquez Abad, destacou hoxe o compromiso do departamento que dirixe co CEIP Eusebio da Guarda, da cidade da Coruña, e que se manifestou nun investimento de máis de 155.600 euros en traballos de reforma e mellora a prol do benestar dos 692 alumnas e alumnos do centro. Na visita realizada ao centro esta mañá, Vázquez Abad anunciou que, neste marco de investimento, está próximo o inicio dos traballos para mudar o muro cortina do centro.

Estes traballos engádense aos realizados para a reforma da instalación eléctrica,  reforma de aseos, pavimento e melloras nas ventás e persianas do salón de actos, así como a colocación dun pasamáns.

Así mesmo o conselleiro explicou que este colexio é un dos beneficiados coa instalación dun kit de aula dixital ao abeiro do convenio asinado entre a consellería e Red.es, composto dun encerado dixital interactivo, un proxector e un ordenador portátil conectado a ambos os elementos. Cómpre lembrar que a instalación de 782 kits en 645 colexios beneficia a máis de 15.000 estudantes en toda Galicia. Ademais, o centro foi dotado con conexión á internet de 100 mbps, co fin de favorecer o seu traballo coas novas tecnoloxías da información e a comunicación.

Doutra banda, este centro participa das iniciativas da Consellería para o fomento da lectura e a mellora don fondos da súa biblioteca escolar, ao abeiro do que leva recibido 6.700 euros.

No percorrido polo centro o conselleiro estivo acompañado polo director do centro, Manuel Naveira, e polo xefe territorial da Consellería na Coruña, Indalecio Cabana, así como por membros da comunidade educativa do colexio.

Proxecto do instituto

Durante as declaracións realizadas aos medios o conselleiro tamén sinalou que “a semana que vén adxudicarase e asinarase o contrato para a redacción do proxecto de reforma do IES Eusebio da Guarda. Cómpre recordar que as obras valoradas en sete millóns de euros consistiran na reforma do edifico principal, a reposición do edifico adxacente e as alternativas para a construción dun ximnasio, necesario para o correcto funcionamento do centro educativo. Deste xeito damos un paso máis no cumprimento do noso compromiso con este centro educativo e coas súas necesidades. Ao mesmo tempo tamén respondemos ás necesidades de toda a comunidade que o viña demandando desde hai anos”.