Anteproxecto de Lei do Sistema Universitario de Galicia

Xov, 22/03/2012 - 12:00

A Secretaría Xeral de Universidades no exercicio das súas competencias e de acordo co establecido no parágrafo 3 do artigo 42 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, en relación co disposto no artigo 9 da Lei 4/2006, do 30 de xuño, de transparencia e boas prácticas na Administración pública galega, inicia o trámite de información pública do anteproxecto de Lei do Sistema Universitario de Galicia, mediante a súa exposición na páxina web desta consellería, durante un período de quince días hábiles.

As suxestións ou recomendacións recibidas serán tidas en conta polo órgano encargado da redacción do texto do anteproxecto, que poderá asumilas ou rexeitalas a través dun informe final, no cal cada unha recibirá unha resposta razoada, agás nos casos de recoñecida e notoria urxencia, nos que a resposta poderá ser común para todas aquelas suxestións que formulen cuestións substancialmente iguais.

  • Información pública:dende o 22 de marzo ata o 10 de abril, ámbos inclusive.
  • Forma de remisión das suxestións ou recomendacións: Por vía telemática a través do correo electrónico: suxestions.sxu@edu.xunta.es

As persoas que desexen presentar unha suxestión deberán facilitar os seguaintes datos: Nome e apelidos, DNI e correo electrónico