Publicación da relación de solicitudes de non participación no concurso de adxudicación de destinos provisionais 2024-2025
Xúntase a Resolución do 20 de xuño de 2024 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se resolven as solicitudes de non participación do concurso de adxudicación de destinos provisionais 2024-2025.
- O prazo de interposición do recurso potestativo de reposición contra a citada resolución é dun (1) mes, contado dende o día seguinte ao desta publicación.
O dito recurso deberá formularse exclusivamente por medios electrónicos, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). utilizando o modelo xenérico dispoñible no último expediente de solicitude xenérica (PR004A) formulada para a renuncia á participación do seguinte xeito:
-Acceda a ligazón https://sede.xunta.gal
-Abrirase unha pantalla informativa sobre a necesidade de dispor de Chave 365 ou certificado electrónico para acceder.
-Introduza o seu NIF e a súa contrasinal de Chave 365 ou identifíquese co seu certificado dixital
-Localice no apartado de ÚLTIMOS EXPEDIENTES E PRESENTACIÓNS a última solicitude presentada (PR004A) para formular a renuncia á participación no CADP e prema no botón Acción existente á marxe dereita. Elixa no desplegable a opción Recurso de reposición.
-No campo ACTO RECORRIDO indique: RESOLUCIÓN SOBRE NON PARTICIPACIÓN NO CONCURSO DE ADXUDICACIÓN DE DESTINOS PROVISIONAIS 24-25
-No campo UNIDADE RESPONSABLE DO PROCEDEMENTO debe elexir Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (para axilizar a búsqueda pode pinchar no formulario Seleccione e escribir Centros e Recursos e seleccionar a opción que lle ofrecerá a sede) Unha vez cuberto o recurso prema no botón “Continuar”
-Neste paso pode anexar a documentación xustificativa que considere conveniente e logo premer no botón Continuar.
-A seguir deberá asinar o recurso e presentalo no rexistro electrónico para o que se lle enviará o seu móbil un pin que deberá introducir para finalizar a presentación no caso de empregar Chave 365 ou no caso de certificado dixital a súa contrasinal.
-Por último, a sede electrónica informaralle que o seu recurso foi presentado e poderá obter o recibo xustificativo coa data e hora de presentación e o número de rexistro.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico. O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o trámite de recurso de reposición asinado como o recibo de presentación deste.
Resolución do 11 de xuño de 2024 (convocatoria) (DOG)
Resolución do 20 de xuño de 2024 (renuncias á participación en CADP)
Anexo I: solicitudes estimadas
Anexo II: solicitudes desestimadas
Resolución do 9 de xullo de 2024
Anexo I Listaxe provisional persoal docente obrigado a participar CADP 2024-25 (Primaria)
Resolución do 26 de xullo de 2024 (resolución definitiva de persoas obrigadas a participar)
Anexo I Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar CADP 2024-25 (Primaria)
Anexo II Listaxe definitiva persoal docente obrigado a participar CADP 2024-25 (Secundaria e outros)
Resolución adxudicación provisional
Adxudicación provisional Mestres (Orde Alfabética)
Adxudicación provisional Mestres (Orde Adxudicación)
Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde Alfabética)
Adxudicación provisional Secundaria e outros (Orde Adxudicación)
Resolución adxudicación definitiva (pendente de publicación DOG)
Adxudicación definitiva Mestres (Orde alfabética)
Adxudicación definitiva Mestres (Orde adxudicación)
Adxudicación definitiva Secundaria e outros (Orde Alfabética)
Adxudicación definitiva Secundaria e outros (Orde adxudicación)
Instrucións toma de posesión do persoal docente adxudicado (todos os corpos)