A Xunta reforza a súa aposta pola FP na área de Vigo, a maior de Galicia e a única que supera as 10.000 prazas
Román Rodríguez destaca a aposta pola innovación e a cualificación cun total de 383 ciclos, másteres e títulos de alta especialización na área viguesa, que concentra o 22% do conxunto da oferta da comunidade autónoma
A cidade de Vigo contará con 18 ciclos de nova implantación, entre os que destaca un dos 13 títulos de alta especialización exclusivos de Galicia
O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e FP, Román Rodríguez, salientou hoxe que a nova oferta de FP, aprobada onte no Consello da Xunta, reforza a aposta por estas ensinanzas na área de Vigo. “É a máis ampla de toda Galicia e a única que supera as 10.000 prazas”, puntualizou. En concreto, a área viguesa contará o vindeiro curso con 10.477 prazas, o que supón un incremento de máis dun 4% respecto do actual ano académico.
O titular de Educación do Goberno galego fixo fincapé na aposta pola innovación e a cualificación cun total de 383 ciclos, másteres e títulos de alta especialización no conxunto da área viguesa, que concentra o 22% do conxunto da oferta da comunidade autónoma. Entre eles, cómpre destacar 48 de nova incorporación que son 5 ciclos de FP Dual Xeral, 27 ciclos de FP Dual Intensiva, 12 másteres e 4 titulacións de Alta Especialización.
Román Rodríguez, acompañado pola directora xeral de FP, Eugenia Pérez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, deu conta da oferta de FP para esta área con motivo dunha visita ao Centro Integrado de FP Valentín Paz Andrade, onde asinou un convenio de colaboración con seis empresas para sumar á oferta deste centro o ciclo de grao medio en Condución de vehículos de transporte por estrada, na modalidade Dual Intensiva, un ciclo inédito que é a primeira vez que se implanta en Galicia.
Serán un total de 31 prazas as que se oferten no o ciclo de grao medio en Condución de vehículos de transporte por estrada. Grazas a elas, o alumnado, ademais da correspondente formación no centro educativo, realizará formación en Autocares González (10 prazas), Viajes Melytour (2 prazas), Autna (6 prazas), Autocares Galisur (5 prazas), Condado Tour (4 prazas) e Transportes Álvarez Vázquez de Mondariz (4 prazas).
Román Rodríguez subliñou o “alto nivel académico e a alta cualificación” que brindan as aulas do Valentín Paz Andrade a través da súa ampla oferta formativa que agora a Xunta reforza de cara ao vindeiro curso.
Alta especialización
Así pois, ademais deste ciclo Dual Intensivo, tamén vai ofertar o título de alta especialización en Construcións metálicas e oferta parcial de Automoción, un dos 13 novos deste tipo, “unha formación impulsada de xeito exclusivo por Galicia” atendendo a unha demanda específica por parte dos sectores produtivos, explicou o conselleiro.
Ademais destes novos proxectos, o CIFP Valentín Paz Andrade contará o ano que vén con outros cinco de Dual Intensiva, en concreto os ciclos de grao medio en Soldadura e caldeiraría, en Carpintería e moble, en Carrozaría e a dobre titulación en Instalacións frigoríficas e de climatización e en Instalacións de produción de calor, así como o ciclo o máster de FP en Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos.
18 ciclos e 441 novas prazas na cidade de Vigo
No caso concreto da cidade de Vigo, a partir de setembro incorpóranse a maiores un total de 18 ciclos de nova implantación (3 de Dual Xeral, 12 de Dual Intensiva, 2 másteres e 1 título de alta especialización) que supoñen un total de 441 e que se suman aos que se viñan ofertando ata o de agora.
No caso concreto da FP Dual Intensiva (ata o de agora denominada FP Dual), na cidade de Vigo ofértanse un total de 20 ciclos con 468 prazas. Deles, 12 son ciclos novos, que suman 283 prazas, tal e como se reflicte na seguinte táboa:
Centro |
Ciclo |
Prazas |
CIFP Audiovisual de Vigo |
GS Son para audiovisuais e espectáculos |
22 |
CIFP de Coia |
GM Mecanizado |
22 |
CIFP Manuel Antonio |
GM Elaboración de produtos alimentarios |
22 |
CIFP Manuel Antonio |
GM Servizos en restauración |
22 |
CIFP Manuel Antonio |
GS Dirección de cociña |
22 |
CIFP Manuel Antonio |
GS Fabricación de produtos farmacéuticos, biotecnolóxicos e afíns |
12 |
CIFP Manuel Antonio |
GS Procesos e calidade na industria alimentaria |
22 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GM Carpintaría e moble |
22 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GM Carrozaría |
22 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GM Condución de vehículos de transporte por estrada |
25 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GM Soldadura e caldeiraría |
30 |
IES A Guía |
GM Comercialización de produtos alimentarios |
30 |
IES A Guía |
GS Xestión de vendas e espazos comerciais |
30 |
IES de Teis |
GS Estética integral e benestar |
22 |
IES de Teis |
GS Estilismo e dirección de peiteado |
22 |
IES Politécnico de Vigo |
GM Mantemento electromecánico |
22 |
IES Politécnico de Vigo |
GS Organización e control de obras de construción |
22 |
IES Politécnico de Vigo |
GS Proxectos de obra civil |
30 |
IES Ricardo Mella |
GM Coidados auxiliares de enfermaría |
25 |
IES Ricardo Mella |
GS Imaxe para o diagnóstico e medicina nuclear |
22 |
(*)Destácanse en cor azul os títulos novos para o vindeiro curso. Os blancos xa se ofertaban
No tocante aos másteres de FP, ofertaranse 11 másteres con 130 prazas. Deles, dous son novos e suman 40 prazas (marcados en azul):
Centro |
Ciclo |
Prazas |
IES de Teis |
GS Intelixencia artificial e big data |
30 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GS Mantemento e seguridade en sistemas de vehículos híbridos e eléctricos |
20 |
CIFP Audiovisual de Vigo |
GS Audiodescrición e subtitulación |
20 |
CIFP Manuel Antonio |
GM Panadaría e bolaría artesanais |
20 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GS Auditoría enerxética |
20 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GS Fabricación aditiva |
20 |
IES de Teis |
GS Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías da información |
20 |
IES de Teis |
GS Intelixencia artificial e big data |
20 |
IES Politécnico de Vigo |
GS Fabricación intelixente |
20 |
IES Ricardo Mella |
GM Instalación e mantemento de sistemas conectados a internet (IoT) |
20 |
IES Ricardo Mella |
GS Ciberseguridade en contornos das tecnoloxías de operación |
20 |
(*)Destácanse en cor azul os títulos novos para o vindeiro curso. Os blancos xa se ofertaban
Respecto aos títulos de alta especialización, na cidade de Vigo haberá o vindeiro curso un total de catro titulacións e 82 prazas, unha delas nova:
Centro |
Ciclo |
Prazas |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GM Dobre titulación en Instalacións frigoríficas e de climatización e en Instalacións de produción de calor |
22 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GS Construcións metálicas e oferta parcial de Automoción |
22 |
IES Politécnico de Vigo |
GS Curso de especialización de Robótica colaborativa e oferta parcial do ciclo de grao superior de Mecatrónica industrial |
16 |
IES Politécnico de Vigo |
GS Mecatrónica industrial e oferta parcial de Automatización e robótica industrial |
22 |
Finalmente, no que atinxe á FP Dual xeral, súmanse 3 ciclos novos en Vigo, cun total de 96 prazas:
Centro |
Ciclo |
Prazas |
IES A Guía |
GS Transporte e loxística |
52 |
IES de Teis |
GS Estilismo e dirección de peiteado |
22 |
CIFP Valentín Paz Andrade |
GS Programación da producción en moldeamento de metais e polímeros |
22 |