Título node Learning object
Os membros do Tribunal do concurso de carteis de conmemoración do Día Internaional da Muller, organizado conxuntamente pola Secretaría Xeral da Igualdade e a Secretaría Xeral de Cultura, Educación, FP e Universidades, publicou o seu dictame.
A entrega de premios foi o venres 8 de marzo ás 10:30 en Santiago de Compostela, no Museo Gaiás da Cidade da Cultura.
A temática deste ano xirou en torno á importancia de concienciar ás novas xeracións na Igualdade, Inclusión e Empoderamento. Pódese consultar a información relacionada co aconvocatoria na seguinte ligazón
Entre as 124 propostas presentadas, resultaron gañadores os traballos de alumnado de centros da Coruña, Arteixo, Vigo, Moaña, Guitiriz e O Carballiño con mensaxes a favor da igualdade entre mulleres e homes.
Dictame do xurado
1ª Categoría (alumnado de Educación Infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de Educación Primaria)
- 1º premio: alumnado de 1.º de Primaria do CEIP Seara do concello pontevedrés de Moaña, co seu cartel titulado Remando cara a igualdade
- 2º premio: alumnado de 3.º e 4.º de Primaria do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga da localidade lucense de Guitiriz, polo seu traballo baixo o lema Súmate ao feminismo: búscanse homes feministas
2ª categoría: (alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria e 1º e 2º de Educación Secundaria Obrigatoria e de Educación Especial)
- 1º premio: dúas alumnas de 1.º da ESO do IES Manuel Chamoso Lamas do municipio ourensán do Carballiño, co seu traballo Eduquemos na igualdade.
- 2º premio: alumnado de Educación Especial del CPR Agarimo de la localidad coruñesa de Arteixo, por su propuesta Igualdade á vista.
3ª categoría: (alumnado de 3º e 4º de Educación Secundaria Obrigatoria, 1º e 2º de Bacharelato, de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior)
- 1º premio: alumnado de 1º de Bacharelato do IES Plurilingüe Durmideiras da cidade da Coruña, polo seu cartel titulado Aínda queda moito por cambiar .
- 2º premio: alumnado de 4.º da ESO do CPR Plurilingüe Alba de Vigo, polo seu traballo A loita continúa.