Título node Learning object
Programas Sí, Somos e TRANSítamos
Xov, 22/02/2024 - 10:07
Desde ARELAS ( Asociación de Familias de Menores Trans* ) están a traballar os seguintes programas:
- Si, Somos: Programa de apoio e atención integral a novos LGTBI e familias de Galicia” e “TRANSÍtamos, programa de empoderamento e inserción social de mozos trans de Galicia”.
“Si, Somos” tentará dar resposta de forma integral e cunha perspectiva interseccional ás necesidades persoais, sociais, psico-sexolóxicas, xurídicas e legais das persoas mozas LGBTI de Galicia que poidan estar a sufrir situacións de violencia, discriminación, estigmatización e exclusión social. Será tamén un lugar de referencia para aquelas familias e profesionais que queiran información-formación para un mellor apoio e acompañamento destas persoas.
- O programa TRANSÍtamos tentará dar resposta ás necesidades persoais, sociais, psicosexológicas, xurídicas e legais de l@s mozas trans e ofrecerá un espazo de encontro e creación de experiencias en forma de grupos de apoio mutuo entre iguais, talleres e actividades ao aire libre gratuítas, en contornas seguras e transformadores. Os programas están financiados polo Departamento de Política Social dentro da axuda do 0,7% do IRPF.
Se queres ou coñeces a alguén que queira formar parte de «Si, Somos», podedes contactar a través das seguintes canles:
- arelasasociacion@gmail.com
- Por un watshapp ou chamando ao 686 160 465, de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas: 00 hs e de 17.00 a 20.00 hs.
- Aquí tes toda a información: https://asociacionarelas.org/gl/si-somos/