Educación non comparte a proposta de inmersión lingüística do Consello da Cultura
A Xunta considera inconveniente o sistema de inmersión en calquera lingua
Mar, 02/02/2010 - 08:32
A Consellería de Educación quere agradecer publicamente ao Consello da Cultura Galega a remisión do seu informe sobre o decreto do plurilingüismo e lembra que é a primeira vez que un goberno solicita a opinión de institucións, organismos e asociacións de todo tipo, como se ten feito neste caso.
Do informe emitido polo CCG, que será avaliado como todas as suxestións e achegas recibidas, a Consellería só quere adiantar que non pode estar de acordo co modelo de inmersión. Nese sentido, a Xunta considera inconveniente o sistema de inmersión en calquera lingua, considerando ademais que ese é o sentir maioritario do pobo galego.