A Consellería de Educación participa nas xornadas de Formación Profesional que se celebran na Coruña
O Director Xeral de Educación, José Luis Mira, intervirá maña coa conferencia "FP no sistema educativo de Galicia"
A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria está a participar na xornada de Formación Profesional: "O modelo integrado da FP en Galicia", que se celebra hoxe e mañá na Coruña, e na que se fala das ensinanzas que se realizan en Galicia e a súa importancia para as persoas e para mellorar a calidade dos seus servizos.
Ao longo de hoxe o auditorio de Caixanova acollerá unha serie de conferencias e actividades que serán inauguradas polo secretario xeral do Sindicato Comarcal do Ensino de CCOO da Coruña, Fernando Alén. Tras intervirá o director xeral de FP do Ministerio de Educación, Miguel Soler García, co relatorio "A FP no sistema educativo español". A última actividade do día será a mesa redonda -Da Lei 5/2002 ao RD 1224/2009 de acreditación e recoñecemento das competencias adquiridas pola experiencias laboral-, moderada por Fernando Alen. Nela interveran a secretaria de formación para o emprego da CCOO, Gemma Torres Sastre; o director do CIFP Ánxel Casal da Coruña, Luis Villaverda López e o secretario xeral de CECE Galicia, Antonio Dieter Moure Arean.
A xornada de maña será aberta as dez e media polo director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación, José Luis Mira, que intervirá co relatorio "FP no sistema educativo de Galicia", ao que seguira un coloquio.
O dia continuará coa mesa redonda "A FP como instrumento para o acceso ao mercado laboral e para a formación ao longo da vida", moderado polo secretario de Acción Sindical da FE de CCOO de Galicia, José Fuentes Faria. Nela participaran a orientadora do CIPF Valentín Paz Andrade de Vigo, Pilar Ferrín Tamayo; a coordinadora do proxecto de orientación de FOREM, Esperanza Casado Andrés e o director do CIFP Someso da Coruña, Félix Rodil Álvarez.
O acto será clausurado pola Secretaria Xeral da Federación do Ensino de CCOO de Galicia, Machús Fernández.