Proposta provisional de adxudicación de mobilidades de persoal. Proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242
Publícase a proposta provisional de adxudicación de mobilidades de persoal convocadas pola Resolución do 9 de novembro de 2023 da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se establece o procedemento para a tramitación de mobilidades de profesorado de ciclos formativos de grao básico e grao medio de Formación Profesional dos centros educativos que forman parte do consorcio do proxecto 2022-1-ES01-KA121-VET-000064242 e persoal da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades con responsabilidade na xestión das ensinanzas de Formación Profesional.
O prazo de presentación de reclamacións ou renuncias será de tres días hábiles contados a partir do día seguinte ao desta publicación.