Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitivo das lista de interinidades e substitucións de diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592)
Mar, 02/01/2024 - 11:46
Xúntase a Resolución do 29 de decembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproba e publica a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas (592) (código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A
- Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
- Achégase resolución definitiva, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas
Resolución do 29 de novembro de 2023 da convocatoria corpo 592
Resolución provisional do 21 de decembro de 2023 (592)
Baremo provisional persoas admitidas (592)
Relación provisional de persoas excluídas (592)
Resolución definitiva do 29 de decembro de 2023 (592)