Resolución definitiva de centros admitidos en Ponte...nas ondas! para o curso 2023/24

Ven, 22/12/2023 - 14:12
Ponte nas ondas

Achégase a Resolución definitiva pola que se fai pública a relación de centros seleccionados, conforme o disposto no apartado oitavo da Resolución do 15 de novembro de 2023, da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa pola que se seleccionan, con carácter experimental, os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que constituirán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24.