Resolución provisional de centros admitidos para configurar a rede "Ponte... nas Ondas" durante o curso 2023/24

Ven, 15/12/2023 - 14:39
pno

A Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa vén de publicar a resolución provisional pola que se seleccionan os centros docentes públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades que constituirán a Rede de Centros “Ponte... nas ondas! Modelo de boas prácticas co Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI)” durante o curso 2023/24.

Os centros disporán de tres días hábiles a partir da publicación da presente resolución no Portal Educativo para presentar reclamacións ou renuncias dirixidas á Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa a través da sede electrónica. O prazo de reclamación ou renuncia remata o día 20 de decembro.