Título node Learning object
Galicia foi pioneira na protección dos dereitos da muller e conta xa cunha lei propia de igualdade dende hai case 20 anos.
A nova normativa, identifica a discriminación múltiple, impulsa a conciliación e o teletraballo, persegue erradicar o teito de cristal e reforza a protección contra os ataques sexistas nas novas tecnoloxías.
No capítulo IV, A educación e a formación para a igualdade entre mulleres e homes, fai mención a importancia de apostar por un modelo coeducativo que garanta, tanto ás mulleres como aos homes, unha educación para a igualdade.
No artigo 42 contempla a medida que xa se recollía no artigo 126.2 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación e na Instrución do 6 de setembro de 2019, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, para a elaboración de plans de igualdade no curso 2019/2020, nos centros docentes sostidos con fondos públicos de niveis non universitarios da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional é dicir, regula as funcións da persoa responsable en materia de igualdade designada polo consello escolar dos centros docentes públicos. Esta persoa do centro impulsará medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres.
No exercicio das súas funcións, a persoa designada tamén se relacionará directamente co alumnado e coas familias. Asesorará aos órganos colexiados de goberno e de coordinación docente, ao equipo directivo, aos departamentos e aos profesores e profesoras de forma individual, no marco da citada lei orgánica e das instrucións do consello escolar.
A consellaría con competencias en materia de educación proporcionaralles ás persoas designadas a formación específica para facilitar o seu labor de asesoramento.
Ademáis, no eido educativo, recóllese tamén a importacia da erradicación dos prexuízos, a formación do profesorado e o fomento das vocacións profesionais femininas non estereotipadas.
Prema nesta ligazón para obter máis información: Lei 7/2023, do 30 de novembro, para a igualdade efectiva de mulleres e homes de Galcia