Título node Learning object
Nesta etapa o alumnado irá facendo uso das vías públicas fundamentalmente como peón autónomo. Sen embargo, en moitos casos utilizará tamén como viaxeiro medios de transporte como o vehículo familiar ou o autobús escolar e, nalgúns casos, comezará tamén a usar a bicicleta en situacións concretas.
Por outra banda, é preciso desenvolver, especialmente no primeiro ciclo, todos os exercicios da etapa anterior con maior detalle e dar paso a exercicios de maior dominio do espazo.
Partindo do obxectivo xeral de “Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico”, preséntanse a continuación algúns dos obxectivos e contidos prioritarios para o traballo en educación viaria:
Obxectivos:
- Fomentar a educación viaria e actitudes de respecto que incidan na prevención dos accidentes de tráfico.
- Coñecer e apreciar os valores e as normas de convivencia e aprender a obrar de acordo con elas.
- Coñecer e valorar o entorno natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e coidado do mesmo.
Contidos:
- Coñecemento do medio natural, social e cultural.
- O bloque 3 (Vivir en sociedade) da materia de Educación para a cidadanía do Terceiro Ciclo inclúe os contidos:
- O bloque 4 (Persoas, culturas e organización social) especifica contidos como:
Criterios de Avaliación:
- Explicar o papel que cumpren os servizos públicos na vida dos cidadáns e mostrar actitudes cívicas en aspectos relativos á seguranza viaria, á protección civil, á defensa ao servizo da paz e á seguranza integral dos cidadáns.