Título node Learning object

Fállanse os premios do concurso 25N
Xov, 23/11/2023 - 09:42
25N

Segundo a deliberación do xurado na convocatoria do concurso de imaxes gráficas e pezas audiovisuais, con motivo do 25 novembro de 2023 " Día Internacional contra a Violencia de Xénero", os centros premiados son os seguintes:

1ª Categoría  (alumnado de 5º e 6º de primaria e 1º e 2º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de educación especial:

  • Modalidade Imaxe gráfica:

1º premio: unha alumna de 1º da ESO do colexio Montesol, de Salceda de Caselas polo seu traballo Deixa aflorar a túa cara máis brava. Plántate!.

 

2º premio: unha alumna de 2º da ESO do colexio IES Luís Seoane de Pontevedra, pola proposta Non teñas medo de ser quen es.

  • Modalidade audiovisual:

1º permio: un grupo de 2º da ESO do IES Camilo José Cela , de Padrón co seu traballo Que o teu espello sempre che devolva o sorriso.

2º premio: 5º e 6º de primaria do CEIP de Laredo, de Chapela, Que non che digan que non podes.

2ª Categoría: (alumnado de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO), de 1º e 2º de bacharelato (BAC), de FP básica, de ciclos de grao medio e de ciclos de grao superior):

  • Modalidade Imaxe gráfica:

1º premio: o primeiro premio otorgouse a unha alumna de 1º de Bacharelato do IES Ánxel Fole, en Lugo, polo seu traballo Cóntao..Todo Cambiará.

2º premio: o segundo premio foi para un  grupo de 4º da ESO do CPI Virxe do Monte, da localidade lucense de Cospeito, polo traballo Non toda a violencia é visible, pero en toda hai que actuar

Accésit: outorgouse un accésit ao cartel dunha rapaza de 4º da ESO do IES Escolas Proval, de Nigrán, co título A realidade ten dúas caras, non te deixes enganar polas apariencias.

  • Modalidade audiovisual:

1º premio: alumna de 4º da ESO do CPI Plurilingüe Navia de Suarna de Lugo, co título Non eres a súa cousa.

2º premio: grupo de 3º da ESO  do IES Alfoz-Valadouro de Lugo, coa súa obra Sumemos, contra a violencia de xénero.

3ª Categoríaalumnado de ensinanzas especiais de artes plásticas e deseño

  • Modalidade gráfica:grupo de 2º curso de Deseño Gráfico da Escola de Arte Superior de Diseño Pablo Picasso, da Coruña, titulado Abre os ollos
  •  Modalidade audiovisual: DESERTO

Ligazón a os traballos premiados