Resolución provisional pola que se fai pública a relación de centros con Contratos-Programa Innova (CPinnova) seleccionados e non seleccionados, para o curso 2023/2024

Lun, 30/10/2023 - 10:15
cpinnova

A Subdirección Xeral de Ordenación, Inclusión e Innovación Educativa publica a resolución provisional de centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería seleccionados e non seleccionados para participar nos Contratos-Programa Innova durante o curso 23/24.

Ábrese un prazo de 5 días hábiles para efectuar reclamacións ou renuncias, dirixidas á Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, que deberán presentarse obrigatoriamente na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A) que se deberá identificar coa denominación “CPInnova”, xunto coa documentación complementaria.