Título node Learning object

A educación viaria na LOE: Educación Infantil
Lun, 20/02/2012 - 10:14
Alumnado de Infantil no Circuíto de Educación Viaria no CEIP Atín-Cela de Mos

Durante a Educación Infantil o alumnado fai uso das vías públicas como peón ou viaxeiro acompañado. Por iso preténdese fomentar actitudes de conciencia cidadana e desenvolver no alumnado hábitos que vaian creando unha actitude de responsabilidade viaria. Será, polo tanto, prioritario o desenvolvemento de hábitos psicomotóricos relacionados coa noción espacial, xunto coas necesidades de que o alumnado coñeza certas normas socias que lle poden parecer moi afastadas dos seus intereses, debido a que se atopan na etapa do egocentrismo e do realismo moral.

Por iso no Real Decreto 1630/2006, do 29 de decembro, polo que se establecen as ensinanzas mínimas do segundo ciclo de educación infantil, os obxectivos, contidos e criterios de avaliación seleccionados para a ensinanza da educación viaria, son os propios das áreas:

  • Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal
  • Coñecemento do contorno
  • Linguaxes: comunicación e representación

A continuación preséntanse algúns obxectivos e contidos prioritarios para o traballo da educación viaria nesta etapa:

Obxectivos:

  • Coñecer o seu propio corpo e o dos outros, as súas posibilidades de acción  aprender a respectar as diferenzas.
  • Observar e explorar o seu entorno familiar, natural e social.
  • Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.

Contidos:

  • Coñecemento de si mesmo e autonomía persoal

Bloque 1. O corpo e a propia imaxe
As referencias espaciais en relación co propio corpo.
Bloque 2. Xogo e movemento
Control postural: o corpo e o movemento. Progresivo control do ton, equilibrio e respiración.
Nocións básicas de orientación e coordinación de movementos.
Adaptación do ton e a postura ás características do obxecto, do outro, da acción e da situación.
Bloque 3. A actividade e a vida cotiá
As actividades da vida cotiá. Iniciativa e progresiva autonomía na súa realización. Regulación do propio comportamento.
Normas que regulan a vida cotiá. Planificación secuenciada da acción para resolver tarefas.

  • Coñecemento do contorno

Bloque 1. Medio Físico: elementos, relacións e medidas
Situación de si mesmo e dos obxectos no espazo. Posicións relativas. Realización de desprazamentos orientados.
Identificación de formas planas e tridimensionais en elementos do contorno. Exploración de algúns corpos xeométricos elementais.

(Fonte documental: DGT)


Acceso á Lexislación:

Lei Orgánica 2/2006, de 3 de maio, de Educación (LOE)