III Encontro Galego de Ciberseguridade 2023
Mér, 25/10/2023 - 09:28
Os vindeiros días 2 e 3 de novembro terá lugar o III Encontro galego sobre Ciberseguridade no Edificio Fontán da Cidade da Cultura de Galicia, no que profesorado dos cursos de especialización en Ciberseguridade dos centros CIFP Politécnico de Santiago, CIFP Rodolfo Ucha e IES San Clemente impartirá os seguintes obradoiros técnicos:
- Instalación e configuración de Snort sobre Raspberry Pi para a detección de intrusións en redes industriais (xoves 2 de 10 a 12 h) impartido por Carlos Blanco, coordinador do C.E. Ciberseguridade OT do CIFP Politécnico de Santiago.
- Escalada de privilexios e persistencia en sistemas Linux (xoves 2 de 12 a 14 h) impartido por Manuel Regal, coordinador do C.E. Ciberseguridade IT do IES San Clemente de Santiago.
- Automatización de ataques e emulación de adversarios con MITRE Caldera (venres 3 de 10 a 12 h) impartido por Andrés del Río, profesor do C.E. Ciberseguridade IT do CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol.
- Adquisición de evidencias para análises forense informático (venres 3 de 12:00 a 14:00 h) impartido por Rafael López, profesor do C.E. Ciberseguridade IT do CIFP Rodolfo Ucha de Ferrol
O profesorado e o alumnado interesado poderá asistir, logo da súa previa inscrición, nas actividades do seu interese.
Por ultimo, un ano máis, non podemos deixar de salientar a presenza cada vez máis destacada de profesorado dos CE de ciberseguridade da FP de Galicia nas actividades deste encontro, que reúne as figuras máis relevantes do campo da ciberseguridade a nivel nacional.