Resolución provisional de centros admitidos e non admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2023/24

Lun, 23/10/2023 - 10:28
p

Resolución provisional de centros sostidos con fondos públicos dependentes da Consellería admitidos e non admitidos para participar no Plan Proxecta+ durante o curso 2023/24. Poderán facer as súas reclamacións ou renuncias, tal e como consta no apartado décimo da resolución da convocatoria, por medios electrónicos na Sede Electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) a través do formulario correspondente ao procedemento de presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non conten cun sistema electrónico específico nin cun modelo electrónico normalizado (código PR004A), xunto co modelo que se facilita.

Os centros disporán de 5 días hábiles a partir da publicación desta resolución no Portal Educativo.