Convocatoria do procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para a especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres 597033 (ED003A)

Mar, 17/10/2023 - 08:10

Xúntase a Resolución do 16 de outubro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se convoca un procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia na especialidade de lingua estranxeira francés do corpo de mestres (597033) (código de procedemento ED003A).

 

Prazo de presentación de solicitudes: desde o día 18 de outubro de 2023 ata o día 24 de outubro de 2023, ambos incluídos.

 

Como cubrir a solicitude de inscrición:

  1. Deben acceder á Sede electrónica a través da seguinte ligazón: https://sede.xunta.gal/portada e cubrir o formulario de solicitude do procedemento ED003A.
  2. Premer na icona “Tramitar en liña”.

    Lémbrase que para a realización dos trámites electrónicos debe posuír calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola Sede electrónica da Xunta de Galicia (base terceira da resolución de convocatoria).

  3. Siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación, asinar e presentar no rexistro e obter recibo.
  4. Lembre que deberá anexar coa solicitude, ademais da documentación establecida na resolución, a xustificación do pagamento das taxas polo que deberá ter realizado o seu pagamento antes de presentar a solicitude na sede.

 

Para calquera aclaración ou información ao respecto do pagamento telemático das taxas poden dirixila premendo aquí.

 

Non se admitirá ningunha solicitude que non sexa tramitada mediante o procedemento ED003A.