Título node Learning object
Coa finalidade de promover políticas de igualdade e prevención da violencia de xénero na poboación infantil e adolescente e co obxecto de premiar o compromiso e implicación dos centros educativos públicos da provincia que presenten un proxecto educativo que promova a igualdade entre homes e mulleres, levando a cabo medidas para a erradicación da violencia e encamiñadas á consecución da igualdade real, a Deputación da Coruña convoca o X Premio "Concepción Arenal" a proxectos educativos pola igualdade de xénero.
Poderán participar centros educativos públicos da provincia que impartan educación infantil, primaria ou as dúas, educación especial e educación secundaria nas seguintes modalidades:
A.- Proxectos educativos en educación infantil
B.- Proxectos educativos en educación primaria
C.- Proxectos educativos en educación secundaria
Establécense tres premios de 5.000 € para cada modalidade.
O prazo de solicitudes remata ás 14:00 horas do día 9 de novembro de 2023.
A convocatoria tramitarase de xeito telemátco a través da plataforma ( SUBTEL)