A Consellería de Cultura e Educación congratúlase polo éxito da ensinanza galega nos Premios Nacionais de Bacharelato

Unha estudante do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo foi unha das quince estudantes recoñecida traballo desenvolvido durante o curso 2010/2011

A Consellería congratúlase deste novo recoñecemento ao esforzo do alumnado e ao sistema educativo da comunidade

Dom, 19/02/2012 - 10:30

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria felicita á estudante do IES Álvaro Cunqueiro de Vigo, Carmen Zalvide Rodríguez, gañadora dun premio nacional de bacharelato 2010-2011.

Carmen Zalvide Rodríguez participou o pasado mes de decembro nas probas desenvolvidas polo Ministerio destinadas aos estudantes que houberan gañado un premio extraordinario de bacharelato na súa Comunidade Autónoma. As probas consistían na realización de dous exercicios: un primeiro con dúas partes: unha primeira de análise e comentario crítico dun texto en lingua castelá e respostas a cuestións de contido lingüístico ou literario, e unha segunda parte de análise e comentario crítico relativo á Historia de España e respostas a cuestións. O segundo exercicio era sobre contidos dunha materia de modalidade elixida polo propio alumno.

Os premiados

A alumna do centro sostido con fondos públicos de Vigo foi unha das quince estudantes galardoadas con esta distinción especial polo seu aproveitamento e como recoñecmento da excelencia nos  seus estudos de bacharelato.

Xunto á representante de Galicia tamén resultaron destacados catro estudantes da comunidade valenciana, así como dous procedentes de Extremadura; de Madrid e Castela e León. Asemade resultaron premiados un por Cataluña, outro pola Rioxa, Aragón e Andalucía.

A Consellería congratúlase deste novo recoñecemento ao esforzo do alumnado e ao sistema educativo da comunidade, que constata a boa saúde do mesmo en Galicia. Este galardón engádese aos numerosos recoñecementos que se levan a recibir tanto en premios relativos ao esforzo e o traballo dos estudantes como o labor desenvolvido desde a Cultura e Educación a través das boas resultados obtidos en informes como o PISA.