A Consellería de Educación e o concello de Cangas do Morrazo colaborarán para a xestión de catro comedores
O secretario xeral técnico e o alcalde mantiveron un encontro no que estiveron a tratar a situación dos comedores no concello pontevedrés
O secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Oitavén; e o alcalde de Cangas do Morrazo, José Enrique Sotelo Villar; acordaron no encontro mantido está maña en San Caetano que o vindeiro curso colaboraran no financiamento dos catro comedores escolares de dito concello, que ata o de agora eran xestionados pola Anpas dos respectivos centro.
Deste xeito para o ano escolar 2012-2013 queda previsto que os comedores escolares dos CEIP de Cangas, O Hío, Espiñeira- Aldán e A Rúa, que dan servizo a máis de 200 escolares terán o apoio económico da Consellería e a xestión polo concello.
En próximas datas a Consellería remitirá ao concello un borrador do convenio no que se concretaran os termos da colaboración que estará baseada na contratación de servizos de comedor por parte do concello, que serán financiados con axudas da Consellería, sen prexuízo das achegas que realicen os pais e nais dos estudantes de ditos centros educativos.
Cómpre sinalar que xunto con estes catro comedores en centros escolares, Cultura e Educación xa está a xestionar de forma directa outros dous, que dan servizo a máis de 450 alumnas e alumnos.
Coa determinación acadada hoxe a Consellería ven a consolidar a estratexia de colaboración que xa se mantén con outros concellos como os de Ferrol, Narón, Mugardos, Muíños e proximamente Santiago. Deste xeito a administración autonómica volve a dar conta do traballo desenvolvido a prol da calidade en todos os aspectos relativos ao ensino. Así a Consellería dá resposta a unha demanda das comunidades educativas, que solicitan o mantemento deste servizo, de gran importancia para a conciliación da vida laboral e familiar.
O Facho
Por outra banda o secretario xeral técnico e o alcalde de Cangas mantiveron unha conversa para tratar a situación do BIC de O Facho, que nestes momento está a ser sometido ao trámite de información pública pendente alegacións, para ser analizadas e ser tidas en conta, tanto dos particulares afectados como do propio concello.
Durante a conversa ambos representantes continuaron aos puntos de vista adoptados nun encontro desenvolvido entre Sotelo Villar e o director xeral de Patrimonio da Consellería, José Manuel Rey Pichel.