Título node Learning object
Descrición: Recoñecemento de proxectos educativos, materiais curriculares e innovacións educativas que contribúan a previr e erradicar as condutas violentas e a promover a igualdade e a cultura da paz, procurando o desenvolvemento de estratexias de convivencia igualitaria entre homes e mulleres, no ámbito educativo.
Modalidades:
- Premio para centros educativos que impartan Educación Infantil e Primaria.
- Premio para centros educativos que impartan Educación Secundaria Obrigatoria e Bacharelato.
- Premio para centros educativos que impartan Formación Profesional ou Ensianzas de Réximen Especial.
Destinatarios:
- Centros públicos radicados en territorio nacional.
- Centros sostidos con fondos públicos radicados en territorio nacional.
- Centros de titularidade do Ministerio de Educación e Formación Profesional no exterior.
Requisitos:
Os centros beneficiarios han de impartir as etapas e ensinos do sistema educativo español non universitario correspondentes á Educación Infantil e Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato, así como á Formación Profesional e aos ensinos de réxime especial e presentar proxectos educativos, materiais curriculares ou innovacións educativas que a contribúan a previr e erradicar as condutas violentas e a promover a igualdade e a cultura da paz, procurando o desenvolvemento de estratexias de convivencia igualitaria entre homes e mulleres, no ámbito educativo e formativo.
Dotación:
Outorgaranse 9 premios. A dotación de cada unha das modalidades destes premios será de 10.000 euros, distribuídos da seguinte maneira.
- 1º premio: 5.000 euros
- 2º premio: 3.000 euros
- 3º premio: 2.000 euros
Poderanse outorgar ata 8 mencións honoríficas.
Máis información: https://www.pap.hacienda.gob.es/bdnstrans/GE/es/convocatoria/679691
Prazo de presentación das solicitudes: Dende o 1 de setembro de 2023 ata o 29 de 2023 ás 15:00
Presentación das solicitudes:
A solicitude de participación será cumprimentada de forma telemática accedendo á oficina virtual do Ministerio de Educación e Formación Profesional (botón "Acceso ao servizo online" situado na parte superior desta páxina).
Importante: Unha vez que se accedeu á Sede electrónica, débese cumprimentar a solicitude de participación, subir toda a documentación necesaria, e confirmar a solicitude. Unha vez confirmada esta, asínase e rexistra mediante certificado electrónico na propia Sede electrónica do Ministerio.
Máis información de interese:
Orde pola que se convocan os premios
Teléfono: 91 701 85 69. Enderezo electrónico: unidadigualdad@educacion.gob.es