Renovación do equipamento dos centros de ensino público

Xov, 21/09/2023 - 09:24

Está aberto o prazo para que os centros de ensino público dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidade fagan as solicitudes de renovación de equipamento mobiliario, didáctico e deportivo. 

Para iso, deberán cubrir a solicitude e enviala á Inspección Educativa, para o seu visto e prace, antes do 31 de outubro de 2023 (https://www.edu.xunta.gal/portal/node/496)

Na seguinte ligazón poden ver os catálogos do material dispoñible, incluindo os novos catálogos de material deportivo, laboratorio ou necesidades educativas especiais: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/495
 

Menú Advertisement

Equipamento de centros

Sen términos