Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e baremo definitiva de profesor/a especialista en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable (590718)
Xúntase a Resolución do 11 de setembro de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se aproban e se fan públicas a relación definitiva de persoas admitidas e excluídas e o baremo definitivo no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia como profesor/a especialista, en determinados módulos profesionais do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico/a superior en Formación para a Mobilidade Segura e Sustentable (código 590718) (código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular recurso de reposición ás listaxes definitivas ante a Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos nun prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no portal de internet da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, exclusivamente a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) empregando o trámite de "recurso de reposición" incardinado no procedemento normalizado ED003A da súa solicitude correspondente.
Non se admitirán os recursos formulados mediante correo electrónico.
Achégase resolución, baremo definitivo e a relación definitiva de persoas excluídas.