Listaxes provisionais das persoas solicitantes admitidas e excluídas nas prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2023/24
Resolución do 22 de agosto de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, pola que se publican as listaxes coas puntuacións provisionais de todas as persoas solicitantes admitidas, indicando a puntuación desagregada (rendemento académico e criterios socioeconómicos) e a puntuación total por orde descendente; a relación provisional de persoas excluídas, indicando a causa de exclusión, de acordo co previsto no artigo 32 da Orde do 16 de maio de 2023 pola que se convocan prazas de residencia nos Centros Residenciais Docentes da Coruña, Ourense e Vigo para o curso 2023/24 (DOG núm. 106, do 6 de xuño).
As persoas solicitantes poderán formular reclamación ante a comisión de valoración no prazo de cinco (5) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución na páxina web da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Prazo para presentar reclamación: 5 días hábiles (entre os días 23 e 29 de agosto de 2023, ambos incluídos), que deberán dirixirse ao respectivo centro residencial docente.
Orde do 16 de maio de 2023 (DOG)
Extracto da Orde do 16 de maio de 2023 (DOG)
Listaxe provisional Centro Residencial Docente da Coruña
Listaxe provisional Centro Residencial Docente de Ourense
Listaxe provisional Centro Residencial Docente de Vigo
Listaxe definitiva Centro Residencial Docente da Coruña
Listaxe definitiva Centro Residencial Docente de Ourense
Listaxe definitiva Centro Residencial Docente de Vigo
Listaxe provisional Centro Residencial Docente da Coruña período extraordinario
Listaxe provisional Centro Residencial Docente de Ourense período extraordinario
Listaxe definitiva Centro Residencial Docente da Coruña período extraordinario
Listaxe definitiva Centro Residencial Docente de Ourense período extraordinario