Título node Learning object
O vindeiro 30 de xullo, conmemórase o día mundial contra a trata de persoas. Dende o Observatorio Galego da Violencia de Xénero (OBGVX) achégannos a "Guía común de actuación para a detección, notificación e derivación de casos de explotación sexual contra a infancia nos centros residenciais, con especial atención a nenas adolescentes. (Guía ESIA)" da Delegación de Goberno contra a Violencia de Xénero e elaborado por Noemí Pereda, Alba Aguila-Otero e Marta Codina do Grupo de Investigación en Victimización Infantil e Adolescente (GReVIA) da Universidade de Barcelona e Myriam Cabrera da Cátedra dos dereitos do Neno da Universidade Pontificia de Comillas.
Esta guía ten como obxectivo brindar ás persoas profesionais dos servizos residenciais unha ferramenta integral para previr, detectar, comunicar e intervir en casos de ESIA. A guía consta de dúas partes, unha primeira parte de contextualización, que trata aspectos normativos e legais que localizan a actuación das e dos profesionais, así como un marco conceptual baseado na evidencia de estudos e investigacións previos, e unha segunda parte con medidas, recursos e pasos concretos a seguir para abordar a ESIA nos centros residenciais.