Publicación da Resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes para o curso académico 2023/24

Mér, 26/07/2023 - 22:06

De acordo co establecido no punto cuarto da Resolución do 8 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia nº 116, do 20 de xuño), publícase a resolución provisional de adxudicación de destinos provisionais entre o persoal de corpos docentes para o curso académico 2023/24.

O prazo para formular reclamacións ou renuncias contra a resolución provisional é o comprendido entre os días 27 e 28 de xullo de 2023, ambos incluídos.

  • As reclamacións á resolución provisional do concurso formularanse, de conformidade coas instrucións que figuran na páxina de inicio de CADP, en todo caso por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

De formular a reclamación de xeito presencial, a persoa que a formule presencialmente será requirida para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da reclamación aquela en que foi realizada a emenda.

  • As renuncias á resolución provisional do concurso realizaranse, de conformidade coas instrucións que figuran na páxina de inicio de CADP, a través de http://edu.xunta.es/cadp

De conformidade co exposto nas instrucións que se indican no último parágrafo desta nova, o colectivo de persoas que teñen que empregar a solicitude xenérica PR004 para formular a renuncia á participación, unha vez presentada esta na sede electrónica, deberán:

Posteriormente formular no mesmo prazo conferido un correo electrónico dirixido a persoal.primaria@edu.xunta.gal ou persoal.secundaria@edu.xunta.gal, segundo a adscrición da especialidade á que renuncian na que se xuntará o/s trámite/s presentado/s na sede electrónica e no asunto sinalará: renuncia coa especificación da/s especialidade/s na/s que non desexa participar

 

As instrucións para formular correctamente tanto as ditas reclamacións como as ditas renuncias estarán dispoñibles na páxina de inicio de CADP (https://www.edu.xunta.gal/cadp/) a partir de mañá, día 27 de xullo de 2023.