Relación definitiva de admitidos e excluídos, de puntuacións definitivas e de adxudicación definitiva correspondente ao concurso de traslados específico de prazas nos equipos de orientación específico, convocado mediante a Orde do 12 de abril de 2023

Mér, 26/07/2023 - 13:44

Xúntase a Resolución do 24 de xullo de 2023 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas a relación definitiva de admitidos e excluídos, as puntuacións definitivas e a adxudicación definitiva correspondente ao concurso de traslados específico de prazas nos equipos de orientación específico, convocado mediante a Orde do 12 de abril de 2023 (DOG n.º 78, do 24 de abril)

O persoal concursante poderá presentar recurso á resolución definitiva obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá na solicitude presentada no prazo dun (1) mes dende o día seguinte á publicación no DOG, para estes efectos deberá proceder do seguinte xeito no trámite “Recurso de reposición”·da solicitude de participación PR004A presentada

 

No campo do formulario “SOLICITUDE/EXPEDIENTE RELACIONADO” deberá sinalar “Convocatoria de Concurso Equipos de Orientación Específico 23/24”

 

Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico o seu recurso premendo no botón “Asinar e enviar”.

O seu recurso estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o recurso como o recibo de presentación deste.