Relación provisional de admitidos e excluídos, de puntuacións provisorias e de adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos de prazas sometidas a convenio ou a programas específicos
Xúntase a Resolución do 26 de xullo de 2023 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas a relación provisional de admitidos e excluídos, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional correspondente ao concurso específico de méritos para prover postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos desta consellería, convocado mediante a Orde do 15 de xuño de 2023 (DOG n.º 121, do 27 de xuño)
O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá na solicitude presentada no prazo comprendido entre o día 27 de xullo ata o 31 de xullo de 2023, ambos incluídos.
- Para formular reclamacións deberá proceder do seguinte xeito no trámite “Alegacións”·da solicitude de participación PR004A presentada
No campo do formulario “SOLICITUDE/EXPEDIENTE RELACIONADO” deberá sinalar “Convocatoria de Concurso Convenios 23/24”
Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.
- Para formular renuncia deberá proceder do seguinte xeito no trámite “Renuncia”·da solicitude de participación PR004A presentada
No campo do formulario “SOLICITUDE/EXPEDIENTE RELACIONADO” deberá sinalar “Convocatoria de Concurso Convenios 23/24”
Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.
Orde do 15 de xuño de 2023: Convocatoria concurso convenios (DOG)
Resolución provisional do 26 de xullo de 2023
Anexo I: Relación provisional de persoas admitidas e excluídas
Anexo III: Adxudicación provisional
Resolución definitiva do 1 de agosto de 2023
Anexo I: Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas