Título node Learning object
Ficha técnica
Institucións: Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, Fundación Antonio Fraguas, Museo do Pobo Galego.
Ámbito: promoción da cultura, patrimonio inmaterial (oral) e normalización lingüística.
Definición: promover a actividade de contar contos tradicionais entre os escolares para aproveitar as súas posibilidades educativas, promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral e incorporar a tradición de contar contos as actividades públicas dos centros escolares.
Vinculación cos ODS da Axenda 2030:
- ODS 04 Educación de calidade
Temporización: curso completo
Alumnado ao que vai dirixido: educación primaria, ESO, educación especial
Límite de centros participantes: 10
Límite de alumnado participante por centro: 100
Criterios de participación: grado de implicación do centro, da comunidade educativa e da contorna.
Criterios de selección:
- Compromiso do profesorado do centro de realizar a actividade.
- Autorización para o uso de vídeos escolares na web do proxecto.
Responsable do programa:
Nome: M. Concepción Losada Vázquez
Departamento:Fundación Antonio Fraguas. Museo do Pobo Galego
Teléfono: 636 775 870
Correo electrónico: presidencia@museodopobo.gal
Nome: Isabel Vigo
Departamento: Arquivo do Patrimonio Oral da Identidade (APOI). Museo do Pobo Galego Teléfono: 881
Teléfono: 881 976 945
Correo electrónico: apoi@museodopobo.gal
Obxectivos
Obxectivo xeral: Promover a actividade de contar contos tradicionais entre os escolares.
Obxectivos específicos:
• Aproveitar as posibilidades educativas da actividade de contar contos.
• Promover o coñecemento da literatura popular galega de transmisión oral.
• Incorporar a tradición oral de contar contos as actividades públicas dos centros escolares.
Palabras clave: tradición oral, contos tradicionais, contar contos.
Desenvolvemento das competencias clave
- Competencias sociais e cívicas
- Competencia en conciencia e expresións culturais
Metodoloxía e temporización
-
As convocatorias do programa fanse por curso académico (setembro-xullo)
-
En xuño dáse a coñecer na web do programa o formulario de participación e faise tamén directamente entre o profesorado e os seus contactos.
-
En setembro reunión do profesorado que se incorpora o programa. Definición do plan de traballo, propostas de cursos participantes, nº de alumnado, coñecementos previos do profesorado sobre as temáticas correspondentes
-
En outubro / novembro curso de formación do profesorado e reunión de seguimento.
-
Antes de Nadal os nenos e nenas inician a recolla de contos
-
En xaneiro- febreiro, inícianse as sesións de transcrición dos contos recollidos e de contacontos na aula
-
En marzo-abril grávanse os vídeos do alumnado contando os contos e programamos unha reunión para preparación da subida dos vídeos e o acto de fin de curso
-
En maio, cara o final, realizamos a gala de fin de curso con exhibición de contacontos e entrega de obsequios a todas as persoas e centros participantes
Recursos
Entre as actividades do programa recóllense as seguintes:
• Formación:
O proxecto conta cun programa específico de formación do profesorado participante nos aspectos principais da actividade (G2301113):
- Coñecer a literatura de tradición oral de Galicia. Coñecer o traballo de compilación das fontes tradicionais. Analizar dun modo crítico os valores transmitidos polos contos tradicionais .
- Coñecer os elementos básicos do traballo de contar. Adestrar no traballo de contar, practicando o conto cada mestre por si. Adestrar no traballo de ensinar a quen conta, dirixindo e supervisando a outros participantes do curso.
- Coñecer os elementos básicos da filmación en vídeo na aula e da edición de contidos audiovisuais. Encadres. Iluminación. Son. Emprego do croma. Coñecer os recursos dispoñibles e as ferramentas informáticas básicas.
• Seguimento:
- O proxecto conta cun programa de actividades conxuntas do profesorado participante e as organizadoras, que trata de fomentar a interacción entre os diversos centros, con intercambio de experiencias educativas, de ferramentas informáticas e con preparación conxunta das actividades de presentación do final de curso.
• Web de referencia: http://museodopobo.gal/gl/contame-un-conto
Esta web recolle información exhaustiva sobre as distintas edicións do proxecto.
- Descrición do proxecto
- Centros participantes en cada edición
- Programa de formación do profesorado
- Resumo das actividades realizadas en cada edición
Tamén alberga unha importante colección de contos tradicionais:
- Recollas orixinais entre persoas maiores, procedentes dos propios fondos do APOI (arquivo do patrimonio oral da identidade do Museo do Pobo Galego)
- Gravacións en vídeo dos contos contados polo propio alumnado participante no proxecto
- Exemplos de contos tradicionais relatados por contacontos profesionais
• Saídas:
Acto de fin de curso nun teatro ou sala de espectáculos. Actividade conxunta de todo o alumnado e profesorado participante. Non competitiva. Colaborativa inter-centros. Os nenos e nenas contan contos e interpretan música. Recoñecemento a todos.
Produto final
O proxecto incorpora cada ano, na súa páxina web, a totalidade dos vídeos enviados polos centros participantes con contos do alumnado, para agradecer e dar visibilidade a participación de todas e todos e, sobre todo, para que quede a dispor de todas as escolas e centros galegos do mundo que puideran estar interesadas na nosa tradición o
Criterios de avaliación das memorias finais
Criterios xerais:
1 .Creación dunha rede de traballo cooperativa na comunidade educativa entre alumnado, profesorado, familias e/ou institucións da contorna. Valorarase especialmente a participación activa do alumnado no desenvolvemento do proxecto (toma de decisións, realización do produto final etc).
2. Interdisciplinariedade (achegas desde distintos departamentos didácticos, disciplinas ou materias) e transferibilidade do proxecto.
3. Impacto e difusión do proxecto. É imprescindible incorporar na memoria, a través de ligazóns (páxinas web, blogs etc), evidencias gráficas e/ou documentais do traballo realizado que permitan constatar o desenvolvemento do proxecto
Criterios específicos:
1. Fomento da relación trans-xeracional na comunidade educativa e social inmediata, a través da compilación e recolla dos contos tradicionais na contorna familiar.
2. Fomentar a creatividade e a capacidade de comunicación interpersoal.
3. Educar na actualización do significado dos contidos e relacións que se presentan nos contos tradicionais dun modo acaído as convencións sociais vixentes na actualidade (sobre todo en materias de xénero, diferencias culturais, étnicas, económicas, etc.)
4. Creación dun gran repositorio de contos tradicionais (en moitos casos relatados por escolares) que quede a dispor de todas as escolas e centros galegos do mundo que puideran estar interesadas na nosa tradición oral.