Relación provisional de admitidos e excluídos, de puntuacións provisorias e de adxudicación provisional correspondente ao concurso de traslados específico de prazas nos equipos de orientación específico
Xúntase a Resolución do 6 de xullo de 2023 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas a relación provisional de admitidos e excluídos, as puntuacións provisorias e a adxudicación provisional correspondente ao concurso de traslados específico de prazas nos equipos de orientación específico, convocado mediante a Orde do 12 de abril de 2023 (DOG n.º 78, do 24 de abril).
O persoal concursante poderá presentar reclamación á resolución provisional ou renuncia á participación obrigatoriamente por medios electrónicos mediante os trámites activados para estes efectos na Carpeta cidadá na solicitude presentada no prazo comprendido entre o día 7 de xullo ata o 20 de xullo de 2023, ambos incluídos.
- Para formular reclamacións deberá proceder do seguinte xeito no trámite “Alegacións”·da solicitude de participación PR004A presentada.
No campo do formulario “SOLICITUDE/EXPEDIENTE RELACIONADO” deberá sinalar “Convocatoria de Concurso Convenios 23/24".
Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa reclamación premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a reclamación como o recibo de presentación desta.
- Para formular renuncia deberá proceder do seguinte xeito no trámite “Renuncia”·da solicitude de participación PR004A presentada.
No campo do formulario “SOLICITUDE/EXPEDIENTE RELACIONADO” deberá sinalar “Convocatoria de Concurso Convenios 23/24”.
Finalmente debe asinar e presentar no rexistro electrónico a súa renuncia premendo no botón “Asinar e enviar”. A súa renuncia estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto a renuncia como o recibo de presentación desta.
Orde do 12 de abril de 2023 (DOG)
Instrucións para a toma de posesión do profesorado que obtivo destino definitivo
Resolución provisional do 6 de xullo de 2023
Anexo I: Relación provisional de persoas admitidas e excluídas
Anexo III: Adxudicación provisional
Resolución definitiva do 24 de xullo de 2023
Anexo I: Relación definitiva de persoas admitidas e excluídas
Anexo III: Adxudicación definitiva