Publicación da relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas para o curso académico 2023/24
Xúntase a Resolución do 5 de xullo de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación definitiva de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 15 de abril de 2019, código de procedemento ED010A (DOG nº 82, do 30 de abril).
De conformidade co artigo 11 da Orde do 15 de abril de 2019, contra esta resolución definitiva, as persoas interesadas poderán formular recurso de reposición, no prazo comprendido entre o día 6 de xullo de 2023 e o día de 7 de agosto de 2023, ambos os dous incluídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Recurso de reposición activado no procedemento normalizado ED010A do seguinte xeito:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
3.-Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións de conciliación da vida familiar e laboral, (código de procedemento ED010A) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Recurso de reposición”.
IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010A). Non se tramitarán os recursos formulados en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.
4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
O seu recurso estará correctamente presentado cando poida descargarse tanto o recurso asinado como o recibo de presentación deste.
Resolución do 15 de xuño de 2023
Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (mestres)
Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (secundaria e outros)
Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (relixión)
Resolución do 5 de xullo de 2023
Anexo I: Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (mestres)
Anexo II: Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (secundaria e outros)
Anexo III: Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (relixión)