Publicación da relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, para o curso académico 2023/24
Xúntase a Resolución do 30 de xuño de 2023 da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se aproba e se fai pública a relación provisional de solicitudes de comisións de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, admitidas e excluídas de conformidade coa Orde do 28 de febreiro de 2020, código de procedemento ED010B, (DOG nº 46, do 9 de marzo).
De conformidade co artigo 12 da Orde do do 28 de febreiro de 2020, contra esta resolución provisional, as persoas interesadas poderán formular alegacións, no prazo comprendido entre o día 3 de xullo e o día 7 de xullo de 2023, ambos os dous incuídos, por medios electrónicos, mediante o trámite Alegacións activado no procedemento normalizado ED010B do seguinte xeito:
1.- Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia na seguinte ligazón https://sede.xunta.gal
2- Autenticarse co seu usuario e contrasinal de Chave 365 ou contrasinal se emprega certificado electrónico.
3.-Localizar o ÚLTIMO expediente presentado na sede correspondente á solicitude de comisión de servizos, en atención a situacións persoais especiais por motivos de saúde, (código de procedemento ED010B) e premer na opción de “Acción” para elixir o trámite “Alegacións”.
IMPORTANTE: NO CASO DE QUE POSÚA VARIAS SOLICITUDES PRESENTADAS NESTE PROCEDEMENTO, LEMBRE QUE DEBE ESCOLLER A ÚLTIMA SOLICITUDE PRESENTADA (CÓDIGO DE PROCEDEMENTO ED010B). Non se tramitarán as alegacións formuladas en solicitudes que non sexan á última presentada neste procedemento en sede electrónica.
4- Encher o formulario, anexar a documentación, se é o caso, e asinar e presentar electronicamente premendo no botón “Asinar e presentar”
A súa reclamación estará correctamente presentada cando poida descargarse tanto o trámite de alegacións asinado como o recibo de presentación desta.
Resolución do 30 de xuño de 2023
Anexo I: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (mestres)
Anexo II: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (secundaria)
Anexo III: Relación provisional de solicitudes admitidas e excluídas (relixión)
Resolución do 13 de xullo de 2023
Anexo I: Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (mestres)
Anexo II: Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (secundaria e outros)
Anexo III: Relación definitiva de solicitudes admitidas e excluídas (relixión)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas admitidas (primaria)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas excluídas (primaria)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas admitidas (secundaria)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas excluídas (secundaria)
Relación de solicitudes por causas sobrevidas admitidas (relixión)