Espazos de tecnoloxía aplicada na FP. Relación provisional de proxectos admitidos e excluídos. Convocatoria 2023

Lun, 19/06/2023 - 15:24

Publicada a listaxe provisional de proxectos admitidos e excluídos na convocatoria da Resolución 23 de maio de 2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca o programa Espazos de tecnoloxía aplicada para a conversión de aulas tradicionais en espazos de tecnoloxía aplicada na formación profesional en centros públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades durante o ano 2023.
 

O prazo de emenda das solicitudes será do 20 de xuño ao 3 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.