Matrícula no programa That's English! nas escolas oficiais de idiomas
Ven, 02/06/2023 - 15:50
Publicouse a Instrución 6/2023 da Dirección Xeral de Formación Profesional sobre a organización dos niveis básico A2, intermedio B1, intermedio B2 e avanzado C1 das ensinanzas de inglés de réxime especial na modalidade de educación a distancia, mediante o programa That’s English! para o curso 2023/24.
Prazos de matrícula:
- Do 19 de xuño ao 7 de xullo, para o alumnado matriculado nesta modalidade no curso 2022/23 que desexe continuar os seus estudos no curso 2023/24.
- Do 1 de setembro ao 31 de outubro de 2023, para o resto do alumnado.
Máis información: Instrución 6/2023