Matrícula nas ensinanzas das EOI para o curso 2023/24

Mér, 31/05/2023 - 12:15

Publicouse a Resolución do 16 de maio de 2023, da Dirección Xeral de Formación Profesional, pola que se ditan instrucións para a preinscrición, admisión, matrícula e organización académica nas escolas oficiais de idiomas de Galicia no curso 2023/24.

O alumnado de novo acceso deberá facer a preinscrición, entre o 26 de xuño e o 9 de xullo, na seguinte ligazón: https://www.eoidigital.com/preinsxunta.

A matrícula realizarase a través da ligazón: https://www.informaticacentros.com/xunta, nos seguintes prazos:

Período de matrícula ordinaria: do 19 ao 30 de xuño, para o alumnado oficial do curso 2022/23 que desexe continuar os estudos no mesmo idioma e escola no curso 2023/24 e supere todas as actividades de lingua na convocatoria ordinaria.

Período de matrícula extraordinaria: do 3 ao 21 de xullo, segundo as instrucións de cada escola, tendo en conta a data do sorteo do alumnado preinscrito e que o alumnado oficial coa cualificación de apto/a, non apto/a ou non presentado/a na convocatoria extraordinaria deberá matricularse entre o 3 e o 7 de xullo.

Máis información: