Resolución da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas as puntuacións provisorias do baremo correspondente aos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos

Mar, 25/04/2023 - 13:32

Xúntase a Resolución do 25 de abril de 2023 da Comisión de Selección pola que se aproban e se fan públicas as puntuacións provisorias do baremo correspondente aos procedementos selectivos extraordinarios de estabilización para o ingreso, mediante concurso de méritos, aos corpos de profesores de ensino secundario, profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional, profesores de escolas oficiais de idiomas, catedráticos de música e artes escénicas, profesores de música e artes escénicas, profesores de artes plásticas e deseño, mestres de taller de artes plásticas e deseño e de mestres da Comunidade Autónoma de Galicia (código de procedemento ED001B) (DOG n.º 206, do 28 de outubro, corrección de erros, DOG n.º 216, do 14 de novembro).

O persoal interesado poderá presentar reclamación á resolución provisional obrigatoriamente por medios electrónicos mediante o trámite “alegacións” activado para estes efectos na Carpeta cidadá no prazo comprendido entre o día 26 de abril ata o 10 de maio de 2023, ambos incluídos,

Presentarase unha única reclamación por cada especialidade na que se desexe reclamar acompañada do modelo normalizado de reclamación. (premer aquí para consultalo)

No caso de que se presenten varias reclamacións a distintas especialidades abondará con achegar unha soa vez a documentación xustificativa.

Para os efectos de formular a correspondente reclamación contra a puntuación provisional outorgada deberá procederse do seguinte xeito:

Nota: Cómpre revisar previamente e detidamente:

a) as puntuacións provisorias outorgadas que se reflicten no anexo integrante da resolución pola que se aproba e publica a baremación provisional no enderezo web: https://www.edu.xunta.gal/

b) así como o documento que recompila a casuística da non baremación (premer aquí para consultalo)

 

1.- Unha vez feita esta comprobación, Acceder á sede electrónica da Xunta de Galicia e autenticarse no seguinte enderezo: https://sede.xunta.gal/

2.- Localizar no apartado de “Últimos expedientes e presentacións”, a última solicitude do procedemento ED001B correspondente á especialidade na que desexa reclamar. Para estes efectos cómpre premer no rexistro no que consta presentado a dita solicitude e posteriormente no apartado “Documentación”, descargar o documento correspondente á solicitude normalizada para verificar o corpo e especialidade ao que desexa reclamar.

3.- Posteriormente, na marxe dereita no apartado “QUE PODO FACER?" Premer no trámite de “Alegacións” incardinado na dita solicitude na que figura a especialidade desexada.

4.- A continuación, siga os pasos indicados: cubrir datos, anexar documentación (pdf modelo normalizado de reclamación e documentación xustificativa), asinar e presentar no rexistro electrónico e obter recibo.

En caso de dúbidas, dificultades técnicas ou necesidade de máis información que xurda durante o proceso de presentación e tramitación electrónica da reclamación, poden dirixila ao servizo 012. Para obter máis información ao respecto prema aquí.

Non se admitirá ningunha reclamación que non sexa tramitada mediante o trámite activado de “Alegacións” na correspondente solicitude de participación do procedemento ED001B.

 

PDF icon Orde do 19 de outubro de 2022 (DOG)

PDF icon Corrección de erros. Orde do 19 de outubro de 2022 (DOG)

PDF icon Resolución do 19 de xaneiro de 2023

PDF icon Anexo I

PDF icon Anexo II

PDF icon Resolución do 26 de xaneiro de 2023

PDF icon Resolución composición do tribunal que xulgará a proba de coñecemento de lingua galega

PDF icon Resolución de 7 de febreiro de 2023

PDF icon Resolución do 16 de febreiro de 2023

PDF icon Anexo I

PDF icon Anexo II

PDF icon Listaxe de persoas non exentas da proba de galego

PDF icon Acordo da Comisión de Selección do 20 de febreiro de 2023 sobre a puntuación mínima necesaria para valorar a solicitude

PDF icon Resolución baremo provisional

PDF icon Modelo de reclamación normalizado

PDF icon Documento informativo recompilatorio de casuísticas de non baremación

PDF icon Baremo provisorio. Corpo 590

PDF icon Baremo provisorio. Corpo 592

PDF icon Baremo provisorio. Corpo 593

PDF icon Baremo provisorio. Corpo 594

PDF icon Baremo provisorio. Corpo 595

PDF icon Baremo provisorio. Corpo 596

PDF icon Baremo provisorio. Corpo 597

PDF icon Baremo provisorio. Corpo 598

PDF icon Orde do 9 de maio de 2023 que modifica a Orde do 19 de outubro

PDF icon Resolución do 11 de maio de 2023 declaran decaídos do trámite de emenda ao baremo provisorio

PDF icon Orde do 9 de maio de 2023 que modifica a Orde do 19 de outubro (DOG)

PDF icon Resolución do 16 de maio de 2023 (baremo definitivo)

PDF icon Baremo definitivo. Corpo 597

PDF icon Baremo definitivo. Corpos 590,592, 593, 594, 595, 596 e 598

PDF icon Resolución do 16 de maio de 2023 (relación provisional de persoas propostas)

PDF icon Relación provisional de persoas propostas Corpo 590

PDF icon Relación provisional de persoas propostas Corpo 592

PDF icon Relación provisional de persoas propostas Corpo 593

PDF icon Relación provisional de persoas propostas Corpo 594

PDF icon Relación provisional de persoas propostas Corpo 595

PDF icon Relación provisional de persoas propostas Corpo 596

PDF icon Relación provisional de persoas propostas Corpo 597

PDF icon Relación provisional de persoas propostas Corpo 598

PDF icon Instrucións dereito de opción de ingreso

PDF icon Resolución do 29 de maio de 2023 (relación definitiva de persoas propostas)

PDF icon Relación definitiva de persoas propostas Corpo 590

PDF icon Relación definitiva de persoas propostas Corpo 592

PDF icon Relación definitiva de persoas propostas Corpo 593

PDF icon Relación definitiva de persoas propostas Corpo 594

PDF icon Relación definitiva de persoas propostas Corpo 595

PDF icon Relación definitiva de persoas propostas Corpo 596

PDF icon Relación definitiva de persoas propostas Corpo 597

PDF icon Relación definitiva de persoas propostas Corpo 598

PDF icon Resolución do 8 de xuño de 2023 corrección da Resolución do 16 de maio de 2023

PDF icon Resolución do 16 de xuño de 2023

PDF icon Anexo I

PDF icon Anexo II

PDF icon Aprobados do concurso de méritos: Orde de 21 de xuño de 2023 (DOG)

PDF icon Relación complementaria de aprobados do concurso de méritos: Orde do 7 de agosto de 2023 (DOG)

PDF icon Orde do 13 de maio de 2024 pola que se modifica a Orde do 21 de xuño de 2023 (aprobados do concurso de méritos)