Relación provisional de persoas admitidas e excluídas e baremo provisional das listas de interinidades e substitucións en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario e do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de FP
Xúntase a Resolución do 16 febreiro 2023 pola que se aproba a relación provisional de persoas admitidas e excluídas e o baremo provisional no procedemento para a elaboración das listas de interinidades e substitucións para impartir docencia en diversas especialidades do corpo de profesores de ensino secundario (590) e do corpo, a extinguir, de profesores técnicos de formación profesional (591),(código de procedemento ED003A).
- As persoas interesadas poderán formular reclamacións contra a relación provisional de persoas excluídas e o baremo provisional, que presentarán obrigatoriamente por medios electrónicos a través do modelo normalizado do procedemento ED003A, opción “Alegacións”, accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED003A&ano=2020&numpub=1&lang=gl) no prazo de tres (3) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación da resolución no portal de Internet da consellería.
Non se admitirán as alegacións que non sexan presentadas a través do procedemento indicado no parágrafo anterior.
- Achégase resolución, baremo provisorio e a relación provisoria de persoas admitidas e excluídas
Non se admitirán as alegacións formuladas mediante correo electrónico.
Resolución do 23 de xaneiro de 2023
Resolución provisional do 16 de febreiro de 2023
Listaxe provisoria de persoas admitidas e excluídas
Baremo provisorio especialidades corpo 590
Baremo provisorio especialidades corpo 591
Resolución definitiva do 27 de febreiro de 2023
Listaxe definitiva de persoas excluídas