Orde do 26 de novembro de 2009 pola que se aproban as bases e se convocan axudas complementarias ás achegadas pola Unión Europea no marco do Programa comunitario de mobilidade Erasmus e de Suíza, para estudantes universitarios
Xov, 26/11/2009 - 13:06
Convócanse, en réxime de concorrencia competitiva, axudas complementarias ao programa comunitario de mobilidade e Suíza, destinadas aos estudantes seleccionados polas universidades do Sistema Universitario de Galicia ou polos centros asociados da UNED en Galicia que participan no citado programa de mobilidade universitaria durante o curso 2009/2010.
Requisitos:
Poderán solicitar estas axudas os alumnos universitarios que cumpran os seguintes requisitos:
- Ser cidadán da Comunidade Europea ou estranxeiro non comunitario con residencia legalizada no Estado.
- Estar matriculado no curso 2009-2010 en calquera das universidades públicas do Sistema Universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED nesta Comunidade Autónoma para realizar estudos universitarios oficiais conducentes aos títulos universitarios de graduado, licenciado, arquitecto, enxeñeiro, diplomado, mestre, arquitecto técnico e enxeñeiro técnico .
- Participar no programa de mobilidade universitaria con autorización da Universidade de orixe e ser beneficiario da axuda aportada pola Unión Europea no marco do Programa de Aprendizaxe Permanente para participar na acción de mobilidade para estudos dentro do Programa <> ou do Goberno de Suíza . A duración mínima da estadía deberá ser de tres meses, e a máxima a computar a efectos de concesión de bolsa de nove meses.
- Non ter gozado desta axuda complementaria en convocatorias anteriores.
Período de solicitude:
Prazo de presentación de solicitudes será dende 12 de decembro de 2009 ata o 11 de xaneiro de 2010.