Román Rodríguez afirma que o compromiso de alumnos e docentes coa innovación “son o mellor exemplo de aposta pola igualdade e a inclusión nas aulas”
O conselleiro de Educación preside o acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e dez profesores gañadores das tres edicións
O obxectivo da iniciativa é poñer en valor o labor dos colexios e institutos que desenvolvan enfoques didácticos novidosos
O conselleiro de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, salientou esta mañá o compromiso tanto do alumnado coma do profesorado coa innovación educativa nas aulas, en liña coas accións estratéxicas do Goberno galego neste eido no sistema de ensino no seu conxunto.
Así o sinalou con motivo do acto de entrega dos premios Innovagal aos 20 centros e dez profesores gañadores das tres edicións deste certame que naceu en 2020 impulsado pola Consellería de Educación co obxectivo de poñer en valor e recoñecer as boas prácticas dos colexios e institutos que desenvolven enfoques didácticos novidosos.
“As iniciativas que desenvolven estes centros día a día -sinalou- son o mellor exemplo de que a través de ferramentas innovadoras, vencelladas ás novas tecnoloxías ou á aprendizaxe competencial, podemos potenciar valores esenciais como a inclusión, a igualdade, a creatividade, a resolución de problemas ou a vinculación coa contorna”.
O conselleiro aproveitou a súa intervención para reafirmar o compromiso do seu departamento con situar o sistema educativo galego nun dos eixes do cambio tecnolóxico actual. A este obxectivo responde a Estratexia Galega de Educación Dixital 2030, a folla de ruta das accións coordinadas para a transformación tecnolóxica do ensino e o perfeccionamento das competencias necesarias na sociedade actual. Neste marco, Román Rodríguez referiuse a accións específicas como a dotación de Polos Creativos, que chegan a máis de 200 centros de ensino, o impulso do STEMBach cun itinerario específico enfocado ao fomento das vocacións científico-tecnolóxicas ou os Contratos-Programa CP Innova para que os centros poidan implantar e impulsar accións de innovación.
Centros premiados:
CURSO 2022-23 |
||
|
Categoría A (Infantil, Primaria, Educación Especial e centros rurais) |
Categoría B (Centros públicos integrados, institutos e centros públicos de Educación e Promoción de Adultos) |
1º PREMIO |
CRA Mestre Manuel Garcés (Tomiño) |
IES de Ponte Caldelas (Ponte Caldelas) |
2º PREMIO |
CEIP Ponte dos Brozos (Arteixo) |
CPI Poeta Uxío Novoneyra (Folgoso do Courel) |
3º PREMIO |
CEIP Virxe da Barca (Muxía) |
IES Praia Barraña (Boiro) |
ACCÉSIT |
CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo) |
Centro de Educación e Promoción de adultos do centro penitenciario da Lama |
CURSO 2021-22 |
||
1º PREMIO |
CEIP Plurilingüe Torre-Cela (Bueu) |
IES Valadares (Vigo) |
2º PREMIO |
CEIP Plurilingüe do Camiño Inglés (Oroso) |
IES Plurilingüe A Cachada (Boiro) |
3º PREMIO |
CEIP Valle Inclán (Vigo) |
IES Manuel Murguía (Arteixo) |
CURSO 2020-21 |
||
1º PREMIO |
CEIP Plurilingüe Meaño-As Covas |
IES Plurilingüe Aquis Celenis (Caldas de Reis() |
2º PREMIO |
CEIP Heroínas de Sálvora (Ribeira) |
IES Alfonso X O Sabio (Cambre) |
3º PREMIO |
CEIP San Tomé (Cambados) |
IES Isaac Díaz Pardo (Sada) |