Proba para a obtención do título de bacharelato para persoas maiores de vinte anos
Convocatoria anual 2023 ► PECHADA
Información xeral
-
A proba para a obtención do título de bacharelato para persoas maiores de vinte anos ten como obxectivo facilitarlle aos cidadáns que non puideron acadar dita titulación no período de escolarización ordinario a súa obtención mediante a realización dunha proba e sen necesidade de estar escolarizado. Estas probas facilitan que as persoas poidan acreditar os coñecementos adquiridos fóra do sistema educativo e así mellorar o seu desenvolvemento persoal para continuar estudos ou para incorporarse a un traballo sen necesidade de cursar estudos de ningún tipo.
-
Procedemento: Inscrición na proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos.
-
Código de procedemento: ED534A
-
Información xeral sobre as probas para a obtención do título de Bacharelato.
Convocatoria
-
Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED534A).
Fecha de publicación: 14 de febreiro de 2023
Proba
-
Datas: A proba celebrarase en sesións de mañá e tarde o día 28 de abril de 2023.
-
Lugar de realización: IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.
-
Características da proba:
-
A proba organízase de xeito diferenciado segundo as distintas modalidades de bacharelato.
-
A proba consta de dous exercicios, o primeiro deles dedicado ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II, Lingua Castelá e Literatura I e II, Primeira Lingua Estranxeira I e II, así como Filosofía e Historia de España.
-
O segundo exercicio comprenderá as materias propias de cada modalidade e itinerario elixidos.
-
-
Superación da proba: A proba considerarase superada cando se superen os dous exercicios que a compoñen. Para aprobar cada un dos exercicios da proba deberanse obter 5 puntos na súa cualificación global e acadar unha puntuación mínima de 4 puntos en cada unha das súas partes.
-
Solicitude
-
Prazo de inscrición: 6 de marzo ao 15 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.
-
Destinatarios:
Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:
-
Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2023.
-
Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos.
-
Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2021-2022.
-
Modelo de solicitude:
Anexo I: Formulario de inscrición nas probas de 2023
-
Documentación complementaria:
-
Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.
-
Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.
-
Certificacións académicas ou copia do libro de escolaridade e/ou historial académico que acrediten ter superado materias que permitan validar algún exercicio da proba.
-
Presentación da solicitude:
As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel en calquera dos centros educativos listados a continuación, ou ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.
-
A Coruña: EPAPU Eduardo Pondal.
-
Santiago de Compostela: IES San Clemente.
-
Lugo: EPAPU Albeiros.
-
Ourense: EPAPU de Ourense.
-
Pontevedra: EPAPU Río Lérez.
-
Vigo: EPAPU Berbés.
Tramitación
Iranse publicando aquí todos os documentos relacionados coa presente convocatoria (listaxes de admitidos e excluídos, cualificacións provisionais e definitivas, etc.)
|
Podes consultar todos os documentos publicados en relación a esta convocatoria tamén no portal educativo.
Máis información
Contacto: Asesoría de Aprendizaxe Permanente.
Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente.
Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
Xunta de Galicia.
Correo electrónico: educadultos@edu.xunta.es
Teléfono: 981 546549 / 981 540 289.