Probas para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos

Convocatoria anual 2023 ► PECHADA

Información xeral


  • As probas para a obtención de título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos teñen como obxectivo facilitarlle aos cidadáns que non puideron acadar dita titulación no período de escolarización ordinario a obtención dunha titulación básica mediante a realización dunha proba e sen necesidade de estar escolarizado. Estas probas facilitan que as persoas sen titulación poidan acreditar os coñecementos adquiridos fóra do sistema educativo e así mellorar o seu desenvolvemento persoal para continuar estudos ou para incorporarse a un traballo sen necesidade de cursar estudos de ningún tipo.

  • Procedemento: Inscrición nas probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para persoas maiores de dezaoito anos.

  • Código de procedemento: ED540A

  • Información xeral sobre as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos.

 

Convocatoria


  • Resolución do 27 de xaneiro de 2023, da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional, pola que se convocan as probas para a obtención do título de graduado en educación secundaria obrigatoria para maiores de dezaoito anos nas convocatorias de maio e setembro, e se ditan instrucións para a súa realización (código de procedemento ED540A).

    Data de publicación: 13 de febreiro de 2023 

Anuncio no portal educativo.

 

Probas


  • Datas: As probas celebraranse en sesións de mañá e tarde os días 26 de maio (NOVA DATA) e 1 de setembro de 2023 para as respectivas convocatorias.

  • Lugar de realización: no mesmo centro onde se presente a solicitude (ver sección Solicitude).

  • As probas constarán de tres partes, correspondentes aos tres ámbitos en que se organizan as ensinanzas de educación secundaria para as persoas adultas: ámbito da Comunicación, ámbito Científico-Tecnolóxico e ámbito Social.

  • Probas de anos anteriores.

 

Solicitude


  • Prazo de inscrición:

    • Convocatoria de maio: 6 de marzo ao 16 de marzo de 2023, ambos os dous incluídos.

    • Convocatoria de setembro: 3 de xullo ao 10 de xullo de 2023, ambos os dous incluídos.

      As persoas matriculadas para a primeira convocatoria, se non superan a totalidade dos ámbitos da proba, consideraranse matriculadas para a segunda convocatoria sen que teñan que presentar nova documentación.

       

  • Destinatarios:

    Poderán participar nestas probas as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

  1. Ter cumpridos os dezaoito anos o día anterior á data de realización da proba.

  2. Non estaren en posesión do título de graduado en educación secundaria.

  3. Non estaren nin teren estado matriculadas no curso 2022-2023 nas ensinanzas de educación secundaria ordinaria nin nas de formación profesional básica.

     

  1. Copia, se procede, do certificado dos ámbitos da proba superados en anteriores convocatorias.

  2. Copia, se procede, da certificación académica de ámbitos ou materias superados.

  3. Acreditación de proceder doutra comunidade autónoma ou dun país estranxeiro no caso de solicitar a exención de lingua galega.

  4. Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

 

  • Presentación da solicitude:

    As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel nos centros educativos listados a continuación, ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

  1. A Coruña: EPAPU Eduardo Pondal.

  2. Ferrol: EPAPU Santa María de Caranza.

  3. Santiago de Compostela:

    • Alumnado co primeiro apelido entre a letra “A” e a letra “L”: IES San Clemente.

    • Alumnado co primeiro apelido entre a letra “M” e a letra “Z”: IES Rosalía de Castro.

  4. Carballo: IES Isidro Parga Pondal.
  5. Lugo: EPAPU Albeiros.

  6. Ourense: EPAPU de Ourense.

  7. Pontevedra:

    • Alumnado co primeiro apelido entre a letra “A” e a letra “L”: EPAPU Río Lérez.

    • Alumnado co primeiro apelido entre a letra “M” e a letra “Z”: IES Frei Martín Sarmiento.

  8. Vigo:

    • Alumnado co primeiro apelido entre a letra “A” e a letra “L”: EPAPU Berbés.

    • Alumnado co primeiro apelido entre a letra “M” e a letra “Z”: IES Santa Irene.

  9. Porriño: IES Ribeira do Louro.

  10. Tui: IES Indalecio Pérez Tizón.

  11. Vilagarcía de Arousa: IES Armando Cotarelo Valledor.

 

Tramitación


 

 

 

Iranse publicando aquí todos os documentos relacionados coa presente convocatoria (listaxes de admitidos e excluídos, cualificacións provisionais e definitivas, etc.)

 

 

 

Podes consultar todos os documentos publicados en relación a esta convocatoria tamén no portal educativo.

 

Máis información


Contacto:      Asesoría de Aprendizaxe Permanente.

Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial e Aprendizaxe Permanente.

Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.

Xunta de Galicia.

Correo electrónico: educadultos@edu.xunta.es

Teléfono: 981 546549 / 981 540 289.