Convocatoria do programa eduemprende Finanzas para mortais 2022-2023

Mér, 21/12/2022 - 11:55

Publicada a Resolución da Dirección Xeral de Formación Profesional pola que se convoca a selección de centros que participarán no programa Finanzas para mortais durante o curso 2022/2023.

Esta convocatoria vai dirixida ao alumnado de 3º e 4º da ESO, 1º e 2º de Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional dos centros educativos con ensinanzas sostidas con fondos públicos dependentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades.
 

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá entre os días 22 de decembro de 2022 e o 2 de febreiro de 2023, ambos os dous incluídos.