Título node Learning object
Con motivo de recoñecer o traballo realizado por varios centros educativos galegos na atención ao alumnado procedente do estranxeiro e ao alumnado de minorías étnicas, faise unha dotación económica extraordinaria a estes centros. Para proceder á xestión desta dotación económica infórmase da documentación necesaria para a xustificación desta, así como do deber de investila, integramente, en actuacións para a diminución de desigualdades en materia educativa, en concreto na atención ao alumnado procedente do estranxeiro e/ou alumnado de minorías étnicas que se atopa escolarizado nos referidos centros educativos.
Documentos informativos e de xestión:
- Carta do Director Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, informativa e de agradecemento pola labor desenvolvida nos centros para a diminución de desigualdades.
- Escrito do Subdirector Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado, con aclaracións da xustificación documental e orzamentaria desta dotación económica.
- Documento de instrucións para elaborar a referencia “Memoria final de actuacións para a atención ao alumnado procedente do estranxeiro e/ou ao alumnado de minorías étnicas durante o ano 2011”.
- Documentos coa relación de importes asignados a cada centro educativo con indicación do concepto para o que se establece o gasto. Catro documentos, un por cada provincia: A Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra).
Para calquera aclaración poden dirixirse ao teléfono ou enderezo electrónico que se indica na documentación anterior.