A Consellería de Cultura e Educación asegura que o seguro de defensa xurídica para o persoal docente conta con 250 avogados, parte deles en Galicia
O custe da póliza foi o menor dos ofertados e é inferior ao de outras comunidades autónomas
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de contratar un seguro de defensa xurídica coa empresa Legálitas, que xa vén desenvolvendo este servizo para colectivos docentes de outras Comunidades Autónomas.
Cómpre sinalar que non existe en Galicia ningunha empresa que puidera estar operativa no prazo demandado pola Administración, e cunha contra prestación imposible de igualar, consistente na posta a disposición dos docentes galegos de 250 avogados especializados en temas de convivencia e reclamacións ao profesorado. Destes gran parte deles están a desenvolver a súa labor profesional en Galicia, e están preparados para atender aos docentes tanto en galego como en castelán.
Sede en Galicia
Ademais, a empresa contratada, que dispón dunha parte dos seus profesionais en despachos de avogados con sede en Galicia para atender aos docentes da comunidade autónoma, ofrece un servizo call center de asistencia xurídica inmediata telefónica durante 24 horas ao día para consultas de urxencias, un servizo que esta activo todos os días, tanto laborables como fins de semana e festivos.
A póliza de seguro- contratada ata xuño, por un importe de 14.900 euros- está destinada ao persoal docente dos centros públicos galegos, co obxectivo de darlles cobertura legal ante calquera continxencia que poida xurdir no exercicio da súa actividade profesional. O referido importe ademais de ser o máis económico dos ofertados, tamén é de menor contía ca o subscrito por outras comunidades autónomas, grazas ás negociacións realizadas desde a Consellería de Cultura e Educación.