A Xunta completa o proceso de estabilización docente coa convocatoria de 125 prazas do concurso-oposición e que eleva a 4.000 os postos educativos en dous anos

A Consellería de Educación remite á Mesa Sectorial Docente a proposta de distribución das prazas en 54 especialidades de Ensino secundario, mestres e especialistas en sectores singulares de FP, escolas oficiais de idiomas, Música e Artes escénicas e Artes plásticas e deseño

Con este paso, o Goberno galego cumpre coa folla de ruta comprometida a principios de ano, co que en 2023 acadará un 6% de taxa de interinidade, dous puntos por debaixo do obxectivo fixado polo Estado

Mar, 15/11/2022 - 13:27
o

A Consellería de Cultura, Educación FP e Universidades completa a o proceso de estabilización docente previsto para este ano coa convocatoria das 125 prazas mediante concurso-oposición, cuxo borrador de orde coa distribución dos postos en 54 especialidades distintas lle foi remitido xa ás organizacións sindicais para o seu debate e aprobación na vindeira mesa sectorial docente.

Con este paso, a Xunta de Galicia cumpre coa folla de ruta marcada en materia de Oferta Pública de Emprego no ensino cun total de 4.000 prazas en dous anos que suporá que en 2023 se teña reducido a un 6% a interinidade do profesorado, dous puntos menos que o obxectivo marcado polo Estado.

Así pois, unha vez concluído o proceso de estabilización de 2.628 prazas deste verán, a día de hoxe Galicia conta con dous procesos en marcha derivados dos cambios impostos polo Goberno do Estado no real decreto que regula o ingreso á profesión docente e que obrigou á Xunta a deseñar un calendario estruturado e unhas normas estables para garantir a seguridade nos procesos e as certezas aos opositores.

Trátase de 1.156 prazas por concurso de méritos (en aplicación do fixado polo Goberno central) xa convocadas e cuxo prazo de presentación de solicitudes remata o 21 de novembro; e as 125 prazas para o concurso-oposición (tamén seguindo os preceptos do Estado neste sentido) que se elevan á mesa sectorial docente e que cuxas probas terán lugar en 2023.

Distribución das prazas

Estas 125 prazas correspóndense coa estabilización de prazas ocupadas de forma temporal polo menos nos tres anos anteriores ao 31 de decembro de 2020. Delas, 88 corresponden ao corpo de profesores de Ensino secundario, 17 ao corpo de mestres, oito ao corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas, seis ao de profesores especialistas de sectores singulares da Formación Profesional, cinco aos profesores de Artes plásticas e Deseño, e un ao corpo de profesores de Música e artes escénicas.

Prazas por especialidades:

Corpo de profesores de ensino secundario

Especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

Filosofía

1

2

3

Grego

-

1

1

Latín

-

1

1

Lingua Castelá e Literatura

1

1

2

Matemáticas

5

7

12

Física e Química

2

2

4

Bioloxía e Xeoloxía

1

1

2

Debuxo

2

3

5

Francés

1

1

2

Inglés

-

1

1

Educación Física

-

1

1

Orientación Educativa

2

1

3

Lingua Galega e Literatura

3

2

5

Economía

-

1

1

Administracións de Empresas

3

2

5

Asesoría e Procesos de Imaxe Persoal

1

2

3

Formación e Orientación Laboral

1

1

2

Organización e Xestión Comercial

1

1

2

Procesos Sanitarios

1

2

3

Procesos e Produtos en Artes Gráficas

-

1

1

Procesos e Produtos en Madeira e Moble

-

1

1

Sistemas Electrotécnicos e Automáticos

-

1

1

Instalacións e mantemento de equipos térmicos e de fluídos

-

1

1

Instalacións electrotécnicas

1

1

2

Oficina de proxectos de construción

1

1

2

Operacións e equipos de elaboración de produtos alimentarios

-

1

1

Procedementos sanitarios e asistenciais

1

1

2

Procesos comerciais

-

1

1

Procesos de xestión administrativa

3

3

6

Servizos á comunidade

-

1

1

Sistemas e aplicacións informáticas

2

2

4

Técnicas e procedementos de imaxe e son

1

1

2

Equipos electrónicos

2

3

5

Total

36

52

88

 

Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas

Especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

Alemán

-

1

1

Francés

2

2

4

Galego

-

1

1

Italiano

-

1

1

Ruso

-

1

1

Total

2

6

8

 

Corpo de profesores de música e artes escénicas

Especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

Linguaxe Musical

-

1

1

Total

 

1

1

 

Corpo de profesores de artes plásticas e deseño

Especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

Debuxo Artístico e Cor

-

1

1

Deseño de Moda

-

1

1

Deseño Gráfico

-

1

1

Historia da Arte

-

1

1

Medios Informáticos

-

1

1

Total

 

5

5

 

Corpo de profesores especialistas en sectores singulares da formación profesional

Especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

Estética

1

2

3

Fabricación e instalación de carpintería e moble

-

1

1

Peiteado

-

1

1

Produción en artes gráficas

-

1

1

Total

1

5

6

 

Corpo de mestres

Especialidade

Reserva persoas con discapacidade

Libre

Total

Educación Infantil

1

2

3

Lingua Estranxeira: Francés

2

2

4

Música

2

2

4

Pedagoxía Terapéutica

1

1

2

Audición e Linguaxe

1

2

3

Educación Primaria

-

1

1

Total

7

10

17